Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Iniciativa Xabarín 2.0 polo galego no audiovisual ten boa acollida no Parlamento Europeo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Iniciativa Xabarín 2.0 polo galego no audiovisual ten boa acollida no Parlamento Europeo

S. P.
Publicado: 09/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

parlamento_europeo_iniciativa_xabarin.jpgEn maio de 2021 o Parlamento de Galicia aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, na que xa albiscaban algunhas medidas para recoñecer a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán no audiovisual.
Pois ben, atendendo a isto, o Parlamento Europeo vén de votar, esta mesma mañá (martes, 9 de maio) un informe para a introdución da Directiva do audiovisual no que salienta “a importancia de facilitar a accesibilidade (dobraxe, lexendas, audiodescricións ou outros elementos) en todas as linguas do territorio onde o servizo de comunicación social audiovisual é emprestado”. Asemade, lembra que “é fundamental designar, sen demora inxustificada, un ponto de contacto en liña de doado acceso e dispoñible ao público en todos os Estados Membros” e reclámalle á Comisión máis esforzos para difundir obras europeas que representen toda a diversidade lingüística europea, tendo en conta as linguas oficiais e as linguas rexionais e minorizadas, como é o caso do galego.
Deste xeito, o dito posicionamento tómase días despois da comparecencia do presidente da Mesa, Marcos Maceira, do vicepresidente de AGAPI, Xosé Lois Ledo, e da profesora Soliña Barreiro, do Grupo de Estudos audiovisuais da USC, no intergrupo de linguas do Parlamento europeo, cun enorme interese por parte de deputados de todos os grupos e diversas nacionalidades.
Para unha valoración máis ampla das consecuencias e da importancia deste informe do Parlamento Europeo, mañá mércores 11 de maio ás 11h representantes da Mesa e doutras entidades do sector presentes na Iniciativa polo galego no audiovisual achegarán unha rolda de imprensa na aula 5 da Faculdade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Estarán presentes: Marcos Maceira (da Mesa pola Normalización Lingüística); Margarita Ledo e Soliña Barreiro (do Grupo de Estudos audiovisuais USC), Iria Taibo Corsanego (da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación, AGPTI); Uxía Caride (da Asociacion Galega de Produtoras Independentes, AGAPI) e representantes da Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia (APRADOGA) e da Asociación de Actores e Actrices de Galician (AAAG). Asemade, asistirán por vídeo-conferencia varias eurodeputadas, entre as que se atopará Ana Miranda (deputada do BNG).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?