
Este xoves, 11 de maio, terá lugar o segundo Encontro Trilateral APD (Asociación para o Progreso da Dirección), que reunirá ás comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela.
A presentación deste encontro da APD, no que tamén colaboran Abanca e Expense Reduction Analyst, correrá a cargo de Francisco Botas (presidente da zona noroeste de APD), Eva Rodríguez, (presidenta en Asturias de APD) e Carlos Mouro (presidente en Castela e León de APD).
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, realizará a inauguración dunha cita que reunirá a máis de 100 empresas das tres comunidades, moitas delas tecnolóxicas. Ao longo da mañá do xoves terán lugar as diferentes mesas de debate, que comezarán coas intervencións do economista José Manuel González Páramo e Cristina Manzano (directora de Esglobal), conducidos por Ana Sánchez (directora da zona noroeste de APD). Neste relatorio falarase da competitividade e analizarase o estado da economía e a xeopolítica arestora.
De seguido, terá lugar unha mesa de debate sobre demografía e talento, moderada por Loreto Sanmartín (directora de ideación en APD), na que participarán Beatriz Escudero (CEO de Pharmadus), José González (presidente de Luckia) e Antonio Agrasar (presidente de Plexus).
Asemade, trataranse outros temas como a tecnoloxía, a mobilidade ou o reto das infraestruturas nestas tres comunidades participantes. Deste xeito, Miguel Sagredo (CEO de Grupo Inmapa), Alejandro Díaz (presidente de Grupo Baldajos) e Santiago Rey (CEO de Televés) darán o seu punto de vista, moderados por Alejandro Santos (director de Castela e León de APD).
Para rematar, falarase do reto da sustentabilidade ambiental e social. Fernando Vázquez (sénior partner e co-area developer para España de ExpenseReduction Analyst (ERA) moderará este debate xunto a Pedro Ruiz (CEO de Almacarraovejas), Carmen Lence (CEO de Grupo Leite Río) e Jesús Alonso (CEO de IDESA).
Galicia, Asturias e Castela e León participan no II Encontro Trilateral APD
Compartir Este Artigo

