Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus Terra inicia a formación 2023 cun curso sobre diagnóstico empresarial con Power BI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus Terra inicia a formación 2023 cun curso sobre diagnóstico empresarial con Power BI

S. P.
Publicado: 15/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

campus_terra_usc_cactuslugo.jpgO Campus Terra da USC abre este luns, a partir das 10.00 horas, na Facultade de Administración e Dirección de Empresas, o seu programa de formación complementaria específica co seminario Construír Dashboard Económico-Financeiro con Microsoft Power BI de 0 a 100, unha actividade organizada xunto co Colexio de Economistas de Lugo e que será impartida por Manuel Ramón Ramón.
O curso, estruturado en 14 horas de carácter presencial que se desenvolverán os días 15 e 16 de maio, en quenda de mañá e tarde, e homologado a efectos de formación continua obrigatoria para auditores e como formación para experto contable, capacitará ao alumnado para facer análises de carácter económico-financeiro para empresas.
A preparación e visualización dos estados financeiros de perdas e ganancias, balance de situación e estado de fluxos de efectivo, o estudo detallado do diario contable, as técnicas de modelado máis apropiadas para deseñar dashboards financeiros e a xeración de indicadores clave de desempeño (KPI), tanto básicos como avanzados que orienten o deseño de estratexias empresariais, constitúen algunhas das cuestións tratadas no curso.
Outros cursos
O programa de formación do Campus Terra 2023 contempla, alén deste módulo formativo sobre Power BI, “un amplo abano de propostas formativas orientadas tanto aos axentes do sector produtivo, como a estudantes de grao e mestrado e a persoal docente e investigador da USC”.
A oferta, que se irá actualizando e ampliando nas vindeiras datas, pode consultarse na web, na que tamén está accesible o formulario de inscrición nas programas xa pechados, entre os que figuran as xornadas sobre ingredientes e aditivos na industria láctea alimentaria programadas en xuño na APLTA, ou nos cursos de iniciación á viticultura e enoloxía ou de elaboración de queixos.
Outros dos módulos xa incluídos no Programa de Formación do Campus Terra 2023 abrangue temáticas diversas que van desde o programa matemático MatchCAD, a hábitos e técnicas de estudo, control do estrés, xestión de tempo e orientado laboral, introdución ao manexo de drons, plataformas de IoT (Internet das Cousas), Intelixencia Artificial ou metodoloxías activas para o ensino innovador na sociedade do coñecemento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?