Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae achega en xuño un curso de optimización avanzada de consultas con bases de datos Oracle
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae achega en xuño un curso de optimización avanzada de consultas con bases de datos Oracle

S. P.
Publicado: 16/05/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sql_oracle_bases_de_datos.jpgVitae Consultores vai celebrar no inicio deste verán, a través da súa aula virtual, o curso Optimización Avanzada de Consultas con BBDD Oracle, dirixido a administradores e desenvolvedores de Oracle Database, o sistema de xestión de bases de datos relacionais (RDBMS, polas súas siglas en inglés) de Oracle, o fabricante estadounidense de software e hardware. Serán 18 horas de formación, a celebrar os días 19, 20, 22, 26, 27 e 29 de xuño, en horario de tarde (de 16.00 a 19.00 horas).
O curso introduciranos no concepto de SQL Tunning, que é o proceso iterativo que mellora o rendemento das sentencias de SQL para cumprir obxectivos específicos, medibles e acadables. Segundo informa Vitae, o proceso garante que as sentencias SQL que xera unha aplicación poderán executarse no menor tempo posible, consultas SQL que poden ser optimizadas para un mellor rendemento futuro. Por certo que SQL Tunning tamén implica solucionar problemas nas aplicacións implementadas. “Pola contra”, sinala Vitae, “o deseño de aplicacións establece os obxectivos de seguridade e rendemento antes de integrar e poñer en marcha unha aplicación”.
A persoa encargada de impartir estes contidos será José Ariza, enxeñeiro técnico en Informática pola Universidade Politécnica de Madrid, con experiencia de máis de 25 anos como formador e como consultor tecnolóxico. É instrutor oficial da Oracle University para impartir a especialidade formativa Oracle 2019 Administración Autonomous Database e Machine Learning. É experto en administración e optimización de bases de datos Oracle, SQL e Red Hat. Ten asesorado e formado a empresas e entidades como a CPD da Policía Nacional, Capgemini, Servicio de Salud de Canarias, Seguros Santa Lucía, Accenture, TIC Getafe, Diputación de Jaén, Indra Software, BBVA, IECISA, Garda Civil, Mapfre, Junta de Andalucía, Sacyr, TRAGSA ou Línea Directa Aseguradora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?