Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG ofrece un obradoiro intensivo sobre o Esquema Nacional de Seguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG ofrece un obradoiro intensivo sobre o Esquema Nacional de Seguridade

S. P.
Publicado: 16/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cpetig_cursotallerens.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) vai organizar este mes de xuño unha formación sobre a implantación do Esquema Nacional de Seguridade (ENS) da información. A actividade, en palabras do CPETIG “unha formación de gran interese para os eidos da seguridade, a xestión e a administración dos datos”, constitúe unha das accións destacadas do ente colexial dentro do convenio de colaboración que mantén coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Trátase dun obradoiro intensivo de 12 horas de duración a desenvolver en modalidade online cunha extensión de 4 sesións a celebrar durante dúas fins de semana consecutivas: venres 2 (de 17 a 20 horas), sábado 3 (de 10 a 13 horas), venres 9 (de 17 a 20 horas) e sábado 10 de xuño (de 10.30 a 13.30 horas). Está aberto á participación de calquera persoa ou representante do sector público ou privado, e especialmente enfocado a perfís de delegados de protección de datos, responsables de seguridade e administradores de sistemas, con independencia do grao de coñecemento previo sobre a materia a tratar.
Os principais obxectivos de formación aos que se dará resposta con estes contidos serán “coñecer os sistemas de xestión da seguridade da información e os marcos normativos, a análise de riscos derivados da implantación dun sistema de xestión da seguridade, a categorización dos sistemas e a selección de medidas de seguridade idóneas ou a elaboración de procedementos, normativas e protocolos”, explicaron fontes do CPETIG.
Esta formación será impartida por un equipo multidisciplinar de docentes que proveñen de especialidades da confluencia entre os eidos xurídico e tecnolóxico: Lucía Arias (Management, Governance- IT Advisor en Govertis Advisory Services, S.L.), David Barrientos Arboleya (DPD Certificado. Security & GRC Advisor en GOVERTIS Advisory Services S.L.) e Amparo Romero (Consultora GRC en Govertis – Telefónica Tech).
O programa formativo estrutúrase en 3 grandes bloques: Introdución e conceptos xerais do Esquema Nacional de Seguridade; Plan de implantación do ENS e Revisión do SGSI e mellora continua. En todos os módulos haberá casos prácticos para complementar e afondar nos conceptos traballados.
Prezo, descontos e rexistro
O importe do curso formativo para o público en xeral é de 400 euros. Os colexiados do CPETIG beneficiaranse dun desconto para membros do 90%, a través dun código que proporcionará o propio colexio. Do mesmo xeito, existen bonificacións para os precolexiados e para os colexiados de Enxeñaría Técnica e Enxeñaria en Informática (deberán de consultar as condicións nos seus respectivos colexios).
O CPETIG ten habilitada xa unha vía de rexistro no curso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?