
En concreto, o centro coruñés contará para a posta en marcha deste proxecto cun equipo dirixido polo investigador Ricardo Cao Abad que estará formado por 19 investigadores especializados en estatística, IA e bases de datos aos que sumarán outros 7 científicos que se contratarán para a realización deste importante proxecto que contará tamén con investigadores do IGE e a Universitè de Genève.
O do CITIC foi un dos catro únicos proxectos concedidos polo INE en toda España dun total de 13 solicitudes presentadas e ademais é o que vai recibir unha maior contía, concretamente máis da metade do orzamento total: 650.000 euros dos case 1 millón de euros totais da convocatoria.
A Universidade Miguel Hernández de Elxe, a Universidade Politécnica de Madrid e a Universidade de Granada son os outros tres centros que xunto co CITIC levarán a cabo as investigacións científicas para mellorar a función estatística xeral.
As liñas que abordará o CITIC son sete. Máis polo miúdo, traballará na codificación de respostas abertas en enquisas poboacionais. Tamén en series temporais económicas de longa duración no tempo, a publicación e uso de datos abertos enlazados (linked open data), así como a estimación en pequenas áreas para o uso de información auxiliar na desagregación de enquisas.
Outra das liñas de investigación na que se traballará desde o centro de investigación coruñés será a utilización de información pública na web para determinar características de empresas relativas á innovación e/o a Sociedade da Información. O obxectivo desta liña de investigación é a análise e desenvolvemento de métodos de aprendizaxe automática (Machine Learning) que permitan recoller información dispoñibles en diferentes webs públicas relativas a variables sobre cuestións referidas á innovación nas empresas.
O CITIC explica que o uso de información de pagos con tarxetas bancarias para repartir o gasto dos turistas e excursionistas non residentes asignado ás comunidades autónomas entre todas as CCAA que se visitaron e o cálculo de imputacións en índices de cifra de negocio na industria mediante o uso de técnicas de Machine Learning completan a lista de investigacións que vai abordar o equipo de investigación do centro coruñés entre os anos 2023 e 2026.
O CITIC liderará o maior proxecto de investigación seleccionado polo INE para mellorar a función estatística oficial
Compartir Este Artigo

