Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto de residuos cero do Grupo Calvo, Premio Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto de residuos cero do Grupo Calvo, Premio Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable do CPEIG

S. P.
Publicado: 19/05/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

fabrica_de_grupo_calvo_en_carballo.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai outorgar (no marco da Noite Galega da Enxeñaría en Informática) o Premio Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da XV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia ao proxecto Calvo Residuo Cero, unha das iniciativas máis representativas da compañía de alimentación con sede en Carballo en materia de aproveitamento de recursos, eficiencia e respecto polo medio ambiente. O CPEIG sinala que esta distinción concédese a unha empresa emblemática como é Grupo Calvo en Galicia, “nunha categoría de tanta transcendencia como a da consecución dos ODS onde a informática é unha ferramenta fundamental para a conservación do medio ambiente”.
O proxecto naceu en 2017 nas fábricas que Grupo Calvo ten en Galicia estendéndose en 2018 e 2019 ao resto das súas plantas (Brasil e El Salvador). Forma parte da iniciativa de compromiso responsable de Grupo Calvo, con 21 obxectivos cuantificables a 2025 nos ámbitos de océanos, medio ambiente e persoas.
O seu principal obxectivo é “conseguir a valorización do 100% dos residuos xerados nas fábricas e oficinas do grupo no mundo en 2025”. Ademais, trabállase na redución de plásticos dun só uso en fábricas e oficinas, analizando que residuos plásticos se estaban xerando e se era posible eliminalos. Así, en Madrid e Galicia elimináronse as botellas de auga de plástico evitando que 13.000 botellas vaian ao vertedoiro cada ano, e na fábrica de El Salvador elimináronse os cubertos de plástico dun só uso. “O proxecto arrincou cun 70% de residuo valorizado na fábrica de Carballo, e en torno ao 50% no resto das fábricas. Actualmente a porcentaxe de residuo valorizado a nivel global supera o 97%, apunta María Carreira, responsable de Medio Ambiente e Riscos Laborais de España e principal impulsora do proxecto Calvo Residuo Cero, que acudirá á gala de A Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia a recoller a distinción.
A compañía ten outra serie de obxectivos asociados ao proxecto, como conseguir que máis dun 95% dos materiais que se poñen no mercado teñan a capacidade de ser reciclados, dato que na actualidade xa se superou conseguindo un 98% de materiais reciclados; e un segundo reto que é que o 85% de materiais sexan de orixe reciclada e certificada como sustentable, estando aproximadamente xa nun 54%.
Ademais, a empresa conta cunha fábrica de bioprodutos en El Salvador que permite o total aproveitamento dos residuos xerados na fabricación de conservas de pescado converténdose en fariñas e aceites para a industria de alimentación animal e cosmética.
As fábricas de envases e produto terminado de Carballo conseguiron a certificación Xestión Residuo Cero con nivel excelente en 2022.
O CPEIG tamén salienta que as dúas fábricas que Grupo Calvo ten en Carballo, de envases e de produto terminado, foron recoñecidas en novembro de 2022 co nivel excelente da certificación Xestión Residuo Cero, concedida pola compañía de servizos de inspección e certificación Bureau Veritas. Grupo Calvo converteuse así na primeira empresa de conservas de pescado en recibir este recoñecemento en España.
O Grupo Calvo foi fundado en 1940, e actualmente está presente en 67 países a través das súas tres marcas principais, referentes de alimentación de calidade, Gomes da Costa, Calvo e Nostromo, e conta con máis de 5.000 empregados e plantas de produción e envases en España, El Salvador e Brasil.
A compañía asumiu 21 obxectivos, cun horizonte de cumprimento a 2025, en materia de xestión responsable en tres áreas clave para a organización: océanos, medio ambiente e persoas. Ademais, é asinante do Pacto Mundial das Nacións Unidas, está adherido ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria e é membro de Amfori, a principal asociación comercial global dedicada ao comercio aberto e sustentable, entre outros.
Calvo Residuo Cero foi premiado por BASF e o Club de Excelencia en 2021 co galardón á mellor práctica de economía circular na categoría de Gran Empresa, e foi destacado co recoñecemento go!ODS á consecución do ODS 12 Produción e Consumo Responsable como exemplo de compromiso empresarial de impacto pola Red Española del Pacto Mundial, en colaboración coa Fundación Rafael del Pino.
A gala
A Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia celebrarase o 16 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. O evento é o punto de encontro entre as colexiadas e colexiados do CPEIG e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia, que conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos e é un referente para o sector. Os premios da Noite corresponden nesta edición a trece categorías onde o corpo colexial recoñece as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da Enxeñaría en Informática.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?