Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R converte o bono social de Internet da Xunta nunha axuda indefinida de inclusión TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R converte o bono social de Internet da Xunta nunha axuda indefinida de inclusión TIC

S. P.
Publicado: 24/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

internet_compromiso_r_enteira.jpgA operadora de orixe galega R decidiu prorrogar indefinidamente o bono social de Internet ou bono dixital que concede a Xunta de Galicia. Fíxoo co obxectivo de conseguir “que as persoas con menos recursos poidan seguir o ritmo dos tempos actuais, teñan acceso a Internet e non queden atrás no uso das novas tcxnoloxías”.
A compañía explica que o bono dixital é unha axuda pública de 240€ anuais (20€ ao mes), e quen o recibe deixa de desfrutalo transcorridos os seus 12 meses de vixencia. R, no seu compromiso por “minorar a fenda dixital e favorecer os colectivos máis vulnerables”, decidiu converter esta axuda en indefinida grazas ao programa Internet Compromiso.
Alta velocidade e máxima cobertura en favor da integración social
Con esta iniciativa social, familias desfavorecidas terán acceso a unha conexión simétrica dende 300 Mbps nos seus fogares e Wi-Fi 6 de altas prestacións por un prezo reducido de 14€ sen límite de tempo.
Para conseguir o bono dixital da Xunta de Galicia a persoa debe acreditar que é beneficiaria da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) ou do Ingreso Mínimo Vital (IMV) na comunidade.
Con Internet Compromiso de R os colectivos e familias que menos teñen poderán gozar de accesos a Internet por fibra ata os seus fogares: R instalaralles unha conexión simétrica de 300 Mbps (con opción de 600 Mbps ou 1 GB) e un router Wi-Fi 6 de altas prestacións, para que “poidan tirarlle
todo o partido a unha conexión de Internet de calidade”.
Quen non sexan clientes/as de R, poden solicitar o bono dixital da Xunta de Galicia na súa sede electrónica, onde haberá que achegar a documentación para ser beneficiario/a da axuda do goberno galego. Unha vez validado o bono daráselle á persoa un código que deberá introducir no formulario da web de R.
Aínda que o bono dixital da Xunta só está dispoñible para novos/as clientes/as de R (novas altas), quen xa sexan usuarias/os do operador galego poden contratar tamén de xeito independente Internet compromiso de R e beneficiarse do desconto de 20€ de xeito indefinido sempre e cando o produto que xa teñan contratado con R sexa dun nivel igual ou inferior que o de Internet Compromiso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?