Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC acolleu a presentación dos tres primeiros proxectos do proxecto europeo 3-i ICT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC acolleu a presentación dos tres primeiros proxectos do proxecto europeo 3-i ICT

S. P.
Publicado: 24/05/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

citic_tese_3-i.jpgO Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu este martes 23 de maio a presentación dos traballos de tese de doutoramento internacional do 3-i ICT (International, Interdisciplinary and Intersectoral Information and Communications Technology PhD Programme), un innovador programa europeo de captación de talento predoutoral concedido ao centro da UDC o pasado ano.
Concretamente, presentáronse tres das oito investigacións previstas ao abeiro deste plan que ofrece unha ampla formación en habilidades de investigación e transferencia, e proporcionará, segundo fontes do CITIC, “unha sólida vantaxe competitiva no desenvolvemento profesional das persoas participantes”.
No acto participaron, ademais dos doutorandos e investigadores, a responsable de proxectos europeos do CITIC, Cristina Villar, e o director do CITIC, Manuel Penedo, quen recordou que “se trata do primeiro programa concedido a una institución galega dentro da convocatoria europea MSCA- COFUND do programa marco europeo H2020”.
Procesamento da linguaxe natural
equipo-tesis-pln_web.jpg Sequence Labelling Parsing for Applied Natural Language Processing é o título do proxecto de tese presentado por Muhammad Imran con Carlos Gómez e Margarita Alonso Ramos como director e co-directora, respectivamente.
O obxectivo desta investigación é “aproveitar o potencial da análise de etiquetaxe de secuencias para mellorar as tarefas prácticas de Procesamento da Linguaxe Natural (PLN) en grandes configuracións”. Para lograr isto, explóranse diferentes formas de integrar información de análise en tarefas como o recoñecemento de entidades nomeadas, análises de sentimento baseado en aspectos e resumo automático de texto. Así, úsase a información da análise como características de etiquetas e deséñanse arquitecturas de aprendizaxe multitarefa que realicen tanto a análise como os labores posteriores de forma conxunta. Todo isto co obxectivo final de mellorar a precisión e calidade das tarefas de PLN posteriores utilizando información lingüística e sen comprometer a eficiencia.
Sensórica virtual sen fíos
citic_equipo-tesis-sensorica_web.jpg Pola súa banda, Dariel Pereira Ruisánchez é o autor do proxecto de tese Wireless virtual sensing for control applications dirixido por Luis Castedo e co-dirixido por Francisco Javier Cuadrado.
Neste proxecto de doutoramento proponse superar as limitacións actuais da sensórica virtual mediante a introdución dun novo concepto: a sensórica virtual sen fíos. Esta innovadora idea busca aproveitar os avances recentes na conectividade sen fíos e a computación no bordo para desenvolver unha infraestrutura de rede axeitada para a sensórica virtual.
O enfoque principal desta tese céntrase no deseño dunha infraestrutura de rede sen fíos específica e na optimización dos seus recursos de transmisión e computación. O deseño da infraestrutura de rede wireless e a optimización dos seus recursos son aspectos fundamentais para lograr unha sensórica virtual eficaz e fiable.
Modelos de predición da artrite reumatoide
presentacion-tesis-reumatologia_web.jpg Por último, a doutoranda Blanca Estela Monroy Castillo presentou o proxecto de tese Flexible cure models in data science to predict sustained remission in rheumatoid arthritis, que contou con Ricardo Cao como director e Francisco Javier Blanco e Amalia Jácome como codirectores.
Neste proxecto de tese búscase desenvolver técnicas eficientes de análise estatística de datos para predicir a remisión da artrite reumatoide (AR) despois do tratamento. Para iso, utilizaranse modelos de curación, métodos non paramétricos e semiparamétricos para a análise de supervivencia, así como técnicas de análises de datos funcionais. Aplicaranse modelos de curación para determinar a probabilidade de remisión puntual e remisión sostida en pacientes con AR. Ademais, empregaranse métodos na análise de supervivencia para predicir o tempo de latencia naqueles pacientes que non logren unha remisión sostida.
equipo-tesis-reumatologia_web.jpg Para mellorar a precisión das predicións, proponse o uso de técnicas de análises de datos funcionais para definir clasificación de biomarcadores. Estes permitirán avaliar de maneira máis precisa a probabilidade de remisión puntual e sostida en pacientes con AR.
O enfoque de modelos de curación, xunto coas técnicas de análises de datos funcionais, facilitan unha análise completa e eficiente dos datos para predicir a remisión da AR e o tempo de recorrencia en pacientes que non alcanzan unha remisión sostida.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?