Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lorenzana presenta en Boiro e Noia as novidades tecnolóxicas da Xunta para as oficinas de emprego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lorenzana presenta en Boiro e Noia as novidades tecnolóxicas da Xunta para as oficinas de emprego

S. P.
Publicado: 24/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20230524_lorenzanaoficinaempregonoia.jpgA conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou este mércores 24 de maio as oficinas de emprego de Boiro e Noia. Fíxoo co obxectivo de presentar os novos sistemas que este departamento da Xunta implantará no servizo galego de emprego, sistemas que forman parte dun proceso de modernización que, entre outras vantaxes, “permitirá mellorar o encaixe entre quen demanda traballo e o persoal que necesita o tecido produtivo”, sinalou a conselleira, poñendo o foco noutro dos retos perseguidos: brindar atención personalizada aos colectivos con maiores dificultades.
20230524_lorenzana_oe_boiro_1.jpg Lorenzana incidiu en que “o Goberno autonómico está a fixar a atención nas persoas usuarias destas oficinas que presentan maiores problemas para atopar traballo”. Faráselles, tal e como lembrou,” un seguimento intensivo para que reciban atención personalizada grazas á nova rede de 136 profesionais, 4 destinados en Boiro e Noia, que veñen de asumir as tarefas de orientación e prospección laboral.
Estes orientadores, dixo, asumirán o desenvolvemento do novo programa de seguimento intensivo da demanda laboral, “para axudar e apoiar de xeito máis personalizado a usuarios inscritos no Servizo de Emprego de Galicia”.
20230524_lorenzana_oe_boiro_2.jpgSegundo engadiu, o programa porá o acento nas persoas que presenten as seguintes casuísticas: que teñan rexeitado unha oferta de emprego ou abandonen sen xustificación un servizo de orientación ou/e de formación; que leven máis de 5 anos de inscrición ininterrompida no Servizo de Emprego de Galicia sen acceder a un posto e que non teñan itinerario ou plan personalizado activo nos últimos 12 meses; as que non teñan confirmado a súa dispoñibilidade para tres ofertas nun período dun ano; ou as que non se presenten a citas de orientación laboral nos centros colaboradores do servizo, sen posibilidade de contacto telefónico e carentes dun itinerario ou plan personalizado de emprego activo.
A titular de Promoción do Emprego, por outra banda, destacou a implementación, xa neste mes de maio e con carácter piloto en tres oficinas (Cambados, Pontevedra e Ordes), da nova ferramenta tecnolóxica EMI (Emprego Intelixente). Baseada na Intelixencia Artificial, permitirá axustar en tempo real as demandas de man de obra do tecido produtivo aos perfís das persoas demandantes rexistradas polo servizo público.
Tratarase, tal e como subliñou, de “aproveitar as posibilidades que brindan as tecnoloxías intelixentes e a analítica avanzada en prol da xeración de máis e mellor emprego en Galicia”.
A oficina de emprego de Boiro, situada na avenida da Constitución, e a oficina de Noia -delegada da primeira e sita na avenida República Arxentina-, rexistraron o ano pasado 11.668 e 3.546 citas respectivamente, cun total de persoas usuarias atendidas que supera as 15.200 no período.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?