Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación Vodafone e a Xunta dan a coñecer o palmarés do Superreto Digicraft edición galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación Vodafone e a Xunta dan a coñecer o palmarés do Superreto Digicraft edición galega

S. P.
Publicado: 24/05/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

230524_digicraft_011x.jpgA Fundación Vodafone España fixo entrega dos premios aos gañadores do SuperReto DigiCraft en Galicia: o CEIP Do Foxo, na categoría de 6 a 8 anos; e o CPR Plurilingüe A Encarnaciónna categoría de 9 a 12 anos. O acto de entrega de premios tivo lugar no Edificio Fontán de Santiago de Compostela e contou coa participación da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández; o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño; e a directora xeral da Fundación Vodafone España, Gloria Pracer.
O SuperReto consiste nun concurso no que estudantes de Primaria, que forman parte do programa DigiCraft no teu cole, participan a través dun proxecto tecnolóxico onde demostran as competencias dixitais adquiridas durante o ano e poñen de relevo outras competencias transversais traballadas como a creatividade, o pensamento crítico e a colaboración.
Nesta edición do SuperReto presentáronse 28 proxectos de 20 centros educativos da nosa terra, que se traduciu nunha participación total de 650 alumnos e alumnas e máis de 20 docentes galegos. Deles, chegaron á final celebrada este mércores 24 de maio 150 alumnos e alumnas de 7 centros. Os finalistas expuxeron os seus proxectos ante un xurado técnico que elixiu aos gañadores: o CEIP Do Foxo da Estrada, na categoría de 6 a 8 anos; e o CPR Plurilingüe A Encarnación de Caldas de Reis na categoría de 9 a 12 anos, que recibiron como premio un kit tecnolóxico valorado en 300 €, un trofeo conmemorativo para o centro e material promocional para a aula.
Así, este ano o SuperReto DigiCraft vinculouse ao tema Misión Espacial. Todos os proxectos entregados tiñan como fin descubrir no espazo formas de vida máis sustentables, un obxectivo relacionado co propósito de sustentabilidade de Vodafone. As aulas tiveron que resolver o reto de forma grupal, de maneira que a clase enteira tivo que crear unha máquina exploradora ou un medio de transporte interplanetario. Ademais, para cumprir cos requisitos, o proxecto debía ser interactivo e integrar o uso, de maneira protagonista, de polo menos un material tecnolóxico dos incluídos nos kits DigiCraft.
Os centros educativos galegos que participaron na final do reto son: CPR Plurilingüe A Encarnación, de Caldas de Reis (Pontevedra); CPI Plurilingüe Virxe da Cela, de Monfero (A Coruña); CPI Plurilingüe O Cruzamento, de Cerceda (A Coruña); CEIP Nicolás do Río, de Cedeira (A Coruña); CPR O Castro, de Vigo (Pontevedra); CEIP Ramón Falcón, de Castro de Rei (Lugo); e CEIP Do Foxo, da Estrada (Pontevedra).
Os dous centros gañadores participarán na SuperFinal Nacional o 14 de xuño, que se celebrará na sede de Vodafone en Madrid e á que acudirán o resto dos equipos gañadores das diferentes Comunidades. De entre eles, escolleranse aos dous equipos gañadores a nivel nacional, un na categoría de 6-8 anos e outro na categoría de 9-12 anos.
Gloria Pracer, directora xeral da Fundación Vodafone España, subliñou que “a terceira edición do SuperReto DigiCraft en Galicia pon de manifesto os froitos da colaboración da Xunta e a Fundación e o firme apoio de ambas as institucións pola innovación educativa, apostando pola adquisición de competencias dixitais a través do xogo e a experimentación desde idades temperás”.
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, sinalou que “que hai máis de dez anos a Administración autonómica galega iniciou un proceso de transformación da educación para adaptala ás necesidades dun mundo dixital”. Cerviño subliñou que a iniciativa DigiCraft “complementa o esforzo de toda a comunidade educativa para consolidar a educación dixital que necesitamos”.
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa subliñou a importancia de programas coma o DigiCraft para potenciar “as competencias dixitais” entre os máis novos, de quen destacou “o alto nivel de creatividade, como comprobamos hoxe neste evento”. Judith Fernández ratificou o compromiso da Xunta co desenvolvemento das competencias STEM e o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas desde as aulas con iniciativas como os Polos Creativos.
Programa DigiCraft no teu cole
O programa DigiCraft no teu cole en Galicia leva xa tres anos en funcionamento, con presenza en 180 centros educativos da nosa xeografía, chegando este ano a 8.500 alumnos e alumnas e 400 docentes formados en competencias dixitais. Galicia foi pioneira en España na implantación deste programa no curso 2019-20 en 50 colexios, o que pon de manifesto o compromiso coa innovación educativa por parte da Xunta de Galicia e a súa sostida motivación en promover as competencias dixitais dos máis pequenos e pequenas.
DigiCraft é unha iniciativa da Fundación Vodafone España que, mediante a colaboración coas Consellerías e Departamentos de Educación das Comunidades Autónomas, preséntase nas aulas como DigiCraft no teu cole, un programa formativo que pretende dotar de competencias dixitais ao alumnado de Primaria e os seus docentes, espertando o interese polas tecnoloxías máis emerxentes, a través do xogo e a experimentación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?