Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar leva a súa 5G de 700 MHz ás comarcas do Val Miñor e de Ferrol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Movistar leva a súa 5G de 700 MHz ás comarcas do Val Miñor e de Ferrol

S. P.
Publicado: 25/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Vista aérea da comarca de Ferrolterra
Vista aérea da comarca de Ferrolterra
A operadora Movistar vén de anunciar a despregadura da comunicación 5G de 700 MHz en toda a comarca do Val Miñor e na comarca de Ferrol. Con este servizo Movistar achega maior penetración en interiores e universaliza algunhas das características das comunicacións 5G, como a baixa latencia. Despregouse esta tecnoloxía en 45 municipios da provincia de Pontevedra e 178 en toda Galicia.
Indo por partes, tres concellos da comarca do Val Miñor: Baiona, Nigrán e Gondomar, contan xa con cobertura da 5G de 700 MHz de Movistar, que continúa o subministro de nodos para chegar coa súa ultra banda ancha móbil ás máis de 45.000 persoas que viven nesta península, cuxa poboación aumenta na tempada estival. Así, na provincia de Pontevedra, Movistar despregou xa a súa 5G de 700 MHz en 45 municipios, que se elevan a 178 no conxunto de Galicia. O obxectivo da compañía é que ao terminar 2024 todo o territorio galego conte con ultra banda ancha, xa sexa por fibra óptica ou por 5G.
En canto á provincia da Coruña, Movistar despregou esta tecnoloxía en 65 municipios desta provincia en toda Galicia, que se elevan a 178 no seu conxunto. Os seis concellos da comarca de Ferrol: Ferrol, Ares, Fene, Mugardos, Narón e Neda, contan xa con cobertura da 5G de 700 MHz de Movistar, que continúa a súa despregadura de nodos para chegar coa súa ultra banda ancha móbil ás máis de 1302.000 persoas que viven nesta península, cuxa poboación aumenta no verán.
A banda de 700 MHz, tamén chamada banda baixa, ten unha maior penetración en interiores e universaliza algunhas das características das comunicacións 5G, como é a baixa latencia. É o complemento para a banda de 3,5 GHz na que tamén opera Movistar, axeitada para servizos que precisan de alta velocidade de transmisión, aínda que o seu alcance é menor e atravesa peor os atrancos, como as paredes dos edificios, algo que si posibilita o sinal na banda de 700 MHz.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?