Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra transformará con fondos europeos sete novas oficinas da rede Info Rías Baixas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra transformará con fondos europeos sete novas oficinas da rede Info Rías Baixas

S. P.
Publicado: 25/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

carmela_silva_deputacion_pontevedra_tourist_inside.jpgA Deputación de Pontevedra continúa coa transformación tecnolóxica da súa rede de oficinas de turismo Info Rías Baixas, integrando sete novas oficinas e puntos de información turística da rede: As Neves, Tui, Redondela, Salvaterra de Miño, O Rosal, Mondariz-Balneario e Ponteareas.
“Queremos que todas as oficinas sexan modernas, estean dixitalizadas e ofrezan unha atención moi directa á xente que pase por elas, para que xere benestar e, ademais faga que se vaia encantada”, asegurou a presidenta Carmela Silva.
Esta iniciativa, enmarcada no proxecto Tourist Inside II da entidade provincial, conta cun orzamento de 519.000 € e unha achega de 300.300 € dos fondos europeos Next Generation.
Ao longo destes meses comezará a modernización destes sete espazos, nos que se vai incorporar un computador e unha tableta para a recollida de enquisas de satisfacción e interacción coas persoas visitantes para mostrar os contidos turísticos da provincia.
Ademais, no caso de Redondela, O Rosal, Tui e As Neves instalaranse pantallas, que nuns casos irán ancorada á parede e noutros con soporte de pé, e, adicionalmente, as oficinas de Redondela e Tui dotaranse de impresoras braille.
Por outra banda, en puntos destes concellos instalaranse un total de 50 beacons, dispositivos de miúdo tamaño que emiten sinais cara os smartphones e que se empregarán para enviar anuncios ou mensaxes sobre recursos turísticos e sobre a zona na que se atopan. Serán 12 en Ponteareas, 5 en Mondariz-Balneario, 13 en Redondela, 4 en Salvaterra, 6 no Rosal, 14 en Tui e 8 nas Neves.
A creación da rede Info Rías Baixas foi, tal e como explicou Carmela Silva, “un grande proxecto que pon ao turismo no centro, moi centrado na excelencia e a calidade da atención ás persoas que nos veñen visitar”. A incorporación das novas tecnoloxías e ferramentas dixitais a estas oficinas, no marco do Tourist Inside II continúa o traballo iniciado xa con Tourist Inside, co que, en palabras da presidenta, “puxemos en marcha grandes proxectos de modernización sobre todo nos destinos turísticos máis relevantes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?