Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant, Telefónica Tech e GAIN celebran cunha xornada o quinto aniversario de TEGRA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant, Telefónica Tech e GAIN celebran cunha xornada o quinto aniversario de TEGRA

S. P.
Publicado: 25/05/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20230525argereytegra2.jpgEste xoves 25 de maio celebrouse a xornada conmemorativa do quinto aniversario do Centro de Innovación en Ciberseguridade TEGRA, posto en marcha polo centro tecnolóxico Gradiant e a empresa Telefónica Tech co apoio da Xunta de Galicia (Axencia Galega de Innovación) e co financiamento da Unión Europea no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020. Na cita participaron, entre outros, Patricia Argerey (directora da axencia GAIN), e Luis Pérez Freire, director executivo de Gradiant. A xornada desenvolveuse baixo o epígrafe Innovación, ciberseguridade e colaboración público-privada: TEGRA como pioneiro.
Argerey destacou que esta alianza estratéxica entre Gradiant e Telefónica Tech no ámbito da innovación en ciberseguridade “contribúe ao avance da industria galega cara á súa dixitalización, en liña cos retos e prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia e, deste xeito, á súa competitividade e á das pemes, ofrecendo solucións que dan resposta a un factor crítico para o tecido empresarial como é a seguridade nos sistemas de fabricación”.
gradiant_telefonica_gain_20230525argereytegra1.jpg Argerey salientou o papel desta Unidade no posicionamento tecnolóxico de Galicia nun sector emerxente e con gran potencial de crecemento como a ciberseguridade, na creación de emprego cualificado e na atracción cara a Galicia da actividade de I+D+i dunha grande empresa como Telefónica Tech.
Ao longo da xornada, presentáronse os principais resultados obtidos durante esta colaboración, abordouse a importancia da ciberseguridade e da xeración dun ecosistema forte neste ámbito, revisáronse as novas tendencias en produtos e servizos de ciberseguridade e achegouse un debate con expertos sobre a influencia da Intelixencia Artificial na ciberseguridade na actualidade e nun futuro próximo.
Esta colaboración entre o centro tecnolóxico e a multinacional arrincou no ano 2017 coa posta en marcha dunha Unidade Mixta de Investigación, no marco da convocatoria homónima da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, que obtivo apoio nas fases de creación e consolidación.
O xermolo de TEGRA
As orixes de TEGRA cómpre rastrexalas en 2016, cando se formalizou o acordo de colaboración entre o centro tecnolóxico galego e Telefónica, e de como este traballo conxunto colleu impulso ao ano seguinte coa creación da unidade mixta IRMAS (Information Rights Management Advanced Systems). A partir de aí púxose en marcha o centro de ciberseguridade TEGRA cun máis que salientable investimento (preto de 2,4 millóns de euros) e con dous referenciais centros de operacións na nosa terra (un en Vigo, na sede de Gradiant, e outro na sede de Telefónica na Coruña, no Montiño).
TEGRA veu a encher un baleiro ben localizado: a ausencia de solucións de seguridade ligadas ao dato. Deste punto xurdiron tecnoloxías como Stela Filetrack, que ten a capacidade de achegar protección total a toda información que atesoura unha compañía. A ferramenta Stela Filetrack, a disposición da comunidade de desenvolvedores e usuarios, amplía a capacidade de manobra dunha empresa en relación aos seus datos: permítelle coñecer onde está a información con independencia de se os documentos atópanse nun local, en servidores, en correos electrónicos ou na nube; e tamén saber cando se comparten con outras persoas dentro e fóra da organización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?