Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alice Biometrics no palmarés dos Premios EmprendeXXI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alice Biometrics no palmarés dos Premios EmprendeXXI

S. P.
Publicado: 26/05/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ganadoras_premios_emprendexxi_web.jpgA startup galega Alice Biometrics, xunto coas novas firmas innovadoras Bemyvega, Lain Tech, Bread Free, Medical Plasmas e Hotelverse, impúxose finalmente na 16 edición dos Premios EmprendeXXI, impulsados por CaixaBank, a través de DayOne, e co-outorgados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través de ENISA.
O xurado, integrado por máis de trinta persoas que representan ás áreas do Grupo CaixaBank que impulsan estes galardóns, ENISA e colaboradores máis relevantes do ecosistema, destacou “o elevado nivel das empresas participantes e, especialmente, das gañadoras, que ofrecen as mellores solucións aos principais retos que afronta a sociedade na actualidade”.
Concretamente, os premios repártense en seis categorías:
• Alice Biometrics (Galicia) foi a startup gañadora do reto BancaXXI (transformación dixital do sector financeiro). Ofrece solucións automáticas de verificación de identidade, en remoto e con tecnoloxía antifraudes. Grazas ao uso da Intelixencia Artificial, a empresa garante que as persoas que realizan unha xestión alén da pantalla son quen di ser. Ademais, o proceso de identificación en liña permite o desenvolvemento de xestións dixitais rápidas, seguras e automatizadas.
• O premio na categoría CiudadXXI (novos modelos de cidades) foi para Bemyvega (Murcia), startup inclusiva que traballa con IA para a retransmisión de clases e reunións de forma online e accesible para todos. Grazas ao uso dun software, a firma permite emitir e transmitir clases en vivo con ferramentas inclusivas; axudan a crear e compartir as clases online en tempo real, e ofrecen unha experiencia formativa accesible.
• No reto PlanetaXXI (un planeta mellor para as novas xeracións) a vencedora foi Lain Tech (Comunidad de Madrid). Trátase dunha compañía adicada á investigación e desenvolvemento de novas tecnoloxías para a solución de retos industriais complexos nos sectores de materias primas e enerxías renovables. Son pioneiros en innovación verde e sustentables co medio ambiente.
• O premio SemillaXXI (transformación e innovación agroalimentaria) recaeu en Bread Free (Navarra), a primeira empresa que logrou fabricar fariña de trigo sen glute, combinando biotecnoloxía, Intelixencia Artificial e subproductos da industria agroalimentaria. A solución de Bread Free é clean label e a súa xeración non produce residuos. O produto final ten, ademais, maior nivel nutricional a un prezo máis económico para o consumidor.
• Medical Plasmas (Navarra) obtivo o galardón na categoría SilverXXI (envellecemento activo). Medical Plasmas é unha Iniciativa Empresarial de Base Tecnolóxica (IEBT) dedicada á investigación, desenvolvemento, produción e comercialización de equipamento médico baseado en tecnoloxía de plasma físico atmosférico frío. Este tipo de plasma ten propiedades antimicrobianas, rexenerativas e angioxénicas que aceleran a curación de úlceras.
• No reto ViveXXI (reactivación e dixitalización do sector turismo, restauración e lecer), o premio foi para Hotelverse (Baleares). Esta startup ofrece unha experiencia inmersiva que permite aos hóspedes explorar os hoteis, personalizar a súa estadía e seleccionar a habitación exacta que desexan, conforme unha selección por atributos. Grazas ao uso da tecnoloxía, os usuarios teñen “unha experiencia de compra única e personalizada”, e os hoteis melloran a conversión nos seus webs, así como potencian a reserva de habitacións superiores.
Pola súa banda, un xurado integrado por máis de 100 representantes dos principais fondos de venture capital, business angels, aceleradoras, corporacións e outros membros do ecosistema emprendedor como Adara, Kibo Ventures e Encomienda, entre outros, seleccionaron as empresas finalistas de cada reto, que foron: Deale (BancaXXI), Rever (CiudadXXI), Thermogreen (PlanetaXXI), Ai Labs Group – Legit.Health (SilverXXI), Deep Detection (SemillaXXI) e LUGGit (ViveXXI).
Os premios entregáronse en Madrid, nun acto que contou coa presenza de Jaume Masana, director de Negocio de CaixaBank; Jordi Nicolau, director de CaixaBank Payments.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?