Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno galego recoñece o traballo de 45 centros de FP cos premios a proxectos de innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno galego recoñece o traballo de 45 centros de FP cos premios a proxectos de innovación

S. P.
Publicado: 26/05/2023
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

fp_premios_xunta_innoacion_tecnoloxica.jpgA Consellería de Cultura e Educación resolveu o palmarés dos seus premios ao desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional. En total, foi recoñecido o traballo de 45 centros, entre coordinadores e colaboradores.

Contidos
  • Innovación tecnolóxica ou científica
  • Innovación didáctica

O obxectivo destes galardóns, que teñen unha dotación económica total de 840.000€, é “potenciar as iniciativas innovadoras no ámbito da FP, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades, procurando a calidade e a excelencia na Formación Profesional e o fomento do emprendemento”.

A esta convocatoria presentáronse un cento de proxectos, superando a participación de anos anteriores, con 49 centros coordinadores, 64 centros participantes, 167 entidades colaboradoras e máis de 250 docentes implicados. O maior aumento de propostas produciuse na modalidade B, correspondente a proxectos de innovación didáctica cun total de 55 proxectos presentados, fronte os 45 de innovación tecnolóxica ou científica.

Nesta convocatoria valorouse o potencial dos proxectos presentados para ser continuados desde o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros para dar lugar a iniciativas de emprendemento no seu viveiro industrial, como promotor da innovación aplicada na FP galega.

Innovación tecnolóxica ou científica

Do total dos premios, 17 son para proxectos da modalidade A, que teñen como obxectivo “a xeración de innovación tecnolóxica ou científica, que redunden na mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos”.

Nesta modalidade resultaron premiados os seguintes proxectos:

– CIFP Someso (A Coruña) – Adestrador de procedemento cirúrxico con aditiva
– IES Monte Neme (Carballo) – REDICIR rede de dixitalización na economía circular. Aplicacións no sector primario
– CIFP Universidade Laboral (Culleredo) – Simulador de subestación de intemperie de alta tensión
– CIFP Ferrolterra (Ferrol) – ECOGREL
– CIFP Fraga do Eume (Pontedeume) – Bean to bar. Os nosos bombóns
– CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela) – Da presa á mesa: Prototipo de planta potabilizadora móbil
– CIFP Compostela (Santiago de Compostela) – Soporte basculante para o servizo de viños en botellas de grande formato
– CIFP As Mercedes (Lugo) – Design Thinking, o deseño como ferramenta de transformación. Tecnoloxías Fab Lab en contornas colaborativas.
– CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) – Sistema de movemento e posicionamento por levitación magnética
– IES María Sarmiento (Viveiro) – Coches iónicos made in Galicia
– CIFP Portovello (Ourense) – Uso de tecnoloxías de realidade virtual e aumentada en aplicacións de selección de persoal
– CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) – Valoración e atención do paciente: aplicación de protocolos de actuación mediante realidade virtual 3D
– IES de Vilamarín (Vilamarín) – Experiencia gastronómica multisensorial
– IES Chan do Monte (Marín) – A lámpada de IAladina
– CIFP A Granxa (Ponteareas) – Elaboración de licores de expedición de escumosos a base de viños doces de castes autóctonas e destilados galegos
– CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) – OrozaLab-Produtos culinarios liofilizados 6ªGama
– CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) – Smarthome con autoconsumo eléctrico e térmico mediante hidróxeno verde

Innovación didáctica

No caso dos proxectos de innovación didáctica, outórganse 19 galardóns. Nesta modalidade as iniciativas debían ter como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais.

A relación de iniciativas galardoadas é a seguinte:

– CIFP Ánxel Casal – Monte Alto (A Coruña) – Análise teórico-práctica da calidade do aire na cidade de A Coruña a través da biomonitorización
– CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) – Avanzando por unha industria téxtil máis sostible. Coiro de pel de peixe curtido de forma natural
– CIFP Imaxe e Son (A Coruña) – E agora que? Podcast ponte entre o espazo educativo e o mundo profesional. Aplicacións didácticas
– IES As Mariñas (Betanzos) – Maqueta didáctica funcional de vehículo eléctrico Renault Zoe, xestión de avarías bluetooth e realidade aumentada
– IES Punta Candieira (Cedeira) – REAMCO1: Realidade aumentada en comunicación e sociedade nos ciclos de Grao Básico
– IES de Fene (Fene) – Desenvolvemento de postos de soldadura tradicional e simulada con posicionadores adaptables
– CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol) – Xogo competitivo de elaboración, ataque e monitorización de aplicacións vulnerables para a aprendizaxe do desenvolvemento seguro
– CIFP Ferrolterra (Ferrol) – Estudo, deseño e transformación dunha moto de combustión a moto eléctrica
– CIFP Leixa (Ferrol) – Recuperación, mantemento e almacenamento mediante criofilización, dun cultivo celular de Sacharomyces sp. empregada na elaboración dunha cervexa artesanal
– IES San Clemente (Santiago de Compostela) – Repositorio de escenarios prácticos para despregue de infraestruturas en virtualización, contedores, cloud computing e exercicios de Red Team e Blue Team
– CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela) – FreeFenestra
– CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) – Virtual Commissioning: do xemelgo dixital a posta en marcha virtual
– CEE Santa María (Lugo) – Creando un patio para todos
– CIFP Porta da Auga (Ribadeo) – Construción dunha maqueta sobre o sistema de freado ABS
– IES Lois Peña Novo (Vilalba) – Maqueta Pila de combustible de hidróxeno
– CIFP A Farixa (Ourense) – Aula tecnolóxica de enerxías renovables en contedor marítimo acondicionado
– IES O Ribeiro (Ourense) – Nova olivicultura galega: AOVE galego de calidade
– IES Montecelo (Pontevedra) – Ensaio de determinación da agudeza visual na discriminación das cores e problemas na percepción das cores
– IES Ricardo Mella (Vigo) – MeteoLoRa

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?