Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 5º Congreso FLÚOR confirma o auxe da IA en mercadotecnia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 5º Congreso FLÚOR confirma o auxe da IA en mercadotecnia

S. P.
Publicado: 26/05/2023
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

fluor_2023_d.jpgA 5ª edición do Congreso de Mercadotecnia FLÚOR concluíu este venres 26 de maio en Pontevedra cun acordo unánime de que a Intelixencia Artificial ten múltiples aplicacións na mercadotecnia e estas serán cada vez maiores. O evento tamén xerou un importante debate profesional sobre o uso responsable destas ferramentas intelixentes. Por outra banda, FLÚOR rematou cunha cifra marca de participación, con máis de 500 participantes presenciais. As temáticas principais desta edición foron a Intelixencia Artificial en mercadotecnia, a igualdade en publicidade e o auxe dos formatos sonoros online (música, podcasts, radios, etc.). O evento, de 2 días de duración e organizado polo Clúster de Comunicación de Galicia, sumou en total 10 conferencias, 4 mesas redondas e 4 obradoiros prácticos.
fluor_2023_talleres_e.jpgÓscar de Castro, director global de Comunicación de Pull&Bear, animou ás marcas a crear contidos propios de comunicación, especialmente se “é contido xerado polos propios consumidores, para estar máis preto da audiencia e conectar con ela”.
José Cabanas, CMO de Hijos de Rivera, animou aos estrategos de mercadotecnia a reflexionar sobre onde queren que estean as marcas e “a prepararase para o futuro ante os desafíos da IA, a personalización e a privacidade dos datos”.
fluor_2023_e.jpg Pola súa banda, Sara Vega, directora de Mercadotecnia de Fnac, explicou que “todo o que fai unha marca é branding, e o branding é valor para a empresa, necesario para competir. O branding impregna todas as áreas de negocio da compañía e tense que adaptar a cada país e a cada área: produto empregado, experiencia en punto de venda, todo”, explicou Sara Vega.
Alejandra Chacón, directora de Estratexia en Havas Media, falou de que “as mulleres en publicidade queren un co-protagonismo compartido. Pasamos dunha publicidade que estereotipaba moito (sexista, muller cociña, limpeza, coidado) a un terreo do politicamente correcto e o seguinte paso que se demanda é a naturalidade e que estea máis preto da realidade o que facemos, que é o máis difícil”, afirmou.
fluor_2023_talleres_g_ruben_baston.jpg O auxe do sonoro en liña
Outra gran tendencia que se destacou en FLÚOR foi o boom do audio online (podcast, música, radio) con tres dos seus grandes protagonistas. Por unha banda unha plataforma líder mundial, como Spotify; en segundo lugar un grupo de medios, como Prisa, creador de plataformas como Podium Podcast e outras; e en terceiro lugar Audiomotion, consultora especializada en publicidade en audio dixital. Moderou Alfonso Boullosa, delegado na zona noroeste de Avante Evolumedia, e participaron Rodrigo González, director comercial de Spotify España; Rocío Echevarría, directora de negocio de Prisa Audio; e Álex Medina, director xeneral adxunto de Audioemotion.
Rodrigo González de Spotify sinalou que “o vínculo e o engagement é moito máis amplo cando a experiencia é personalizada e inmersiva, e no audio o recordo é 5 veces superior que noutros medios de comunicación”.
fluor_2023_talleres_a.jpg Rocío Echevarría destacou que “o podcast é un produto de nicho: non se tratar de ter grandes audiencia, senón audiencias de calidade; e o móbil fixo que o audio se movese moito máis, fainos chegar a calquera”.
Álex Medina sinalou que a pesar deste auxe, aínda hai unha “falta de investimento por parte das marcas para seguir desenvolvendo tecnoloxía, hai un gap entre o consumo e a publicidade neste medio”.
Sobre o futuro empresarial deste ámbito, Rodrigo González explicou: “En Spotify cremos no modelo freemium; de feito o 70% de consumo de podcast fano consumidores premium”.
Álex Medina prognosticou: “A oferta é moi grande polo que a publicidade deberá ser cada vez máis personalizada e adaptada ao oínte”. Os relatores coincidiron no medre e no potencial deste medio, e sinalaron a importancia das métricas. “Como industria debemos traballar conxuntamente para ter un sistema de medición estandarizado”, afirmou Rocío Echevarría.
fluor_2023_jose_cabanas_hijos_de_rivera_2.jpg Máis mesas redondas
Doutra banda, tamén se celebrou en FLÚOR a mesa Tiktokers Galicia: como arrasar en Tiktok desde este recuncho do mundo, que foi moderada por José Casás da axencia Picnic Ideas Felices, e os relatores foron Carlos Amado, coordinador de novos formatos dixitais en TVG e coordinador de Dígocho Eu; Esther Estévez, presentadora de Dígocho Eu, e Paula @blondiemuser, creadora de contido galega de sustentabilidade e lifestyle.
En FLÚOR tamén tivo lugar unha mesa redonda sobre mercadotecnia en centros comerciais, na que participaron Mamen Sánchez, responsable de Mercadotecnia en Caleido (Madrid); Lorena Rey, responsable de mercadotecnia en C.C. Marineda City (A Coruña) e Carmen Luna, directora de Mercadotecnia de Ànecblau (Castelldefels, Barcelona).
Estiveron moderados por Maria Estrada, responsable de RRPP e comunicación en Recados Carmen.
A mesa redonda titulada Omnicanle: exemplos próximos de estratexias de mercadotecnia foi moderada por Rubén Bastón, director de Mercadotecnia4eCommerce e participaron representantes de empresas galegas: Julián Hernández, director de mercadotecnia de Velgasa-Eroski; Diego Piñeiro, director innovación en Selmark; e Cris Costa, responsable de mercadotecnia de Bodegas Marqués de Vizhoja.
fluor_2023_mesa_centros_comerciales_b.jpgO congreso estivo organizado polo Clúster de Comunicación de Galicia, que une a toda a cadea de valor da comunicación de Galicia: empresas e profesionais de mercadotecnia, de comunicación, deseñadores, creativos, axencias de publicidade, de medios, impresores, etc. Forman parte do clúster asociacións profesionais como a asociación galega MARKEA, a Asociación de Directores de Comunicación DIRCOM Galicia, a asociación Creatividade Galega ou a asociación de Organizadores Profesionais de Congresos OPC Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?