Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Obradoiros 4.0 de CLUSAGA mergullaron ás empresas na IA, nos obxectos conectados e na cadea de bloques
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Obradoiros 4.0 de CLUSAGA mergullaron ás empresas na IA, nos obxectos conectados e na cadea de bloques

S. P.
Publicado: 29/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

los-obradoiros-4-0-de-clusaga-generan-oportunidades-de-proyectos-de-i-d-i-entre-las-empresas-socias-1200x675.jpgO Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) celebrou este venres 26 de maio a sesión final dos seus Obradoiros 4.0 (Obradoiros de dixitalización na industria alimentaria galega: solución tecnolóxicas, innovación e oportunidades de negocio), unha iniciativa que arrancou en marzo, e que conto apoio e financiamento do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). Tiveron o obxectivo de aumentar a competitividade das empresas do sector alimentario a través da I+D+i.
Serviron tamén para sensibilizar, detectar e promover a dixitalización a través da adopción e desenvolvemento de novas solucións dixitais baseadas en IA (Intelixencia Artificial), IoT (Internet das Cousas), cadea de bloques (blockchain) ou xemelgo dixital, entre outras.
Estas sesións, exclusivas para empresas socias de CLUSAGA, contaron coa participación de Clavo Food Factory, Grupo Pereira, Real Conservera Española, Jamones González, FreshCut, Kiwi Atlántico, Queixerías Prestes, NovaFRIGSA, Cafés Candelas e Torre de Nuñez.
O evento celebrado o venres no Edificio FEUGA (Santiago de Compostela) supuxo o peche desta iniciativa tras tres sesións de traballo grupais. Nelas afondouse nas oportunidades que ofrece a dixitalización en distintos eidos, tales como datos industriais, sustentabilidade e operacións de interoperabilidade e rastrexabilidade (trazabilidade).
Asemade, realizáronse auditorías individualizadas entre as empresas participantes, nas que se detectaron máis de 40 proxectos de I+D+i, tanto individuais como colaborativos. “Estes”, informou CLUSAGA, “poderán dar pé tanto á implementación de solucións de alta eficiencia para cubrir as necesidades das empresas, como a novas oportunidades de negocio para competir no mercado con solucións innovadoras e de alto valor”.
Coma broche final, a última sesión apostou pola difusión do coñecemento, poñendo en contacto ás 10 empresas participantes nesta iniciativa con outras 10 empresas tecnolóxicas baixo unha fórmula de SpeedNetworking. Deste modo, a xornada serviu para aliñar as necesidades detectadas nas empresas alimentarias coas máis avanzadas tecnoloxías que desenvolven outras empresas socias de CLUSAGA.
Tras a participación das empresas alimentarias nos Obradoiros 4.0, a agrupación continúa co seu labor a prol da industria alimentaria, brindando apoio integral ás empresas involucradas na presentación de propostas de proxectos de I+D+i que dean resposta ás necesidades a través do Servicio Innpulsa.
Innpulsa, a través da súa modalidade Innpulsa Proxecta, abrangue o apoio ao longo de todo o ciclo de vida dun proxecto de innovación, dende a entrevista para determinar de forma personalizada o alcance, pasando pola detección das mellores axudas dispoñibles ou a busca de provedores, así como o soporte na redacción e presentación da proposta, ou a coordinación do proxecto en caso de concesión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?