Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Diana Morant participou nun encontro co tecido empresarial amesán (e cos escolares)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Diana Morant participou nun encontro co tecido empresarial amesán (e cos escolares)

S. P.
Publicado: 29/05/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

diana_morant_ames_foto_de_grupo.jpgA ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, estivo o xoves pasado en Ames, co obxectivo de coñecer de primeira man a actividade do tecido empresarial do concello. Tras ser recibida polo alcalde, Blas García, e por unha ampla representación dos concelleiros e concelleiras que forman parte da Corporación municipal, visitou o Centro de Coworking A Proa, no Milladoiro.
A ministra, que estivo acompañada da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, participou nun encontro coas empresas amesás do sector da comunicación, innovación, tecnolóxico e audiovisual. Tamén conversou co alumnado e profesorado dos colexios que gañaron o concurso de Innovames 2022 para proxectos educativos innovadores (CEIP Barouta, CEIP Agro do Muíño e IES do Milladoiro).
A visita encadrouse na participación de Ames na Red Innpulso, xunto con outros 90 concellos de todo o ámbito estatal. Ademais, o municipio forma parte dos territorios locais recoñecidos como Cidades da Ciencia e a Innovación, do que tamén forman parte A Coruña, Santiago, Vigo e Ribeira.
Volvendo á estadía da ministra, Morant asinou no libro de honra do Concello de Ames e o alcalde entregoulle uns detalles pola súa visita o municipio amesán. De seguido, comezou un encontro sobre ciencia e tecnoloxía coas empresas amesás e especialmente con aquelas pertencentes ao sector da comunicación, innovación, tecnolóxico e audiovisual. En dito encontro tamén participaron representantes do tecido asociativo do concello e persoas que están emprendendo o seu proxecto no Coworking A Proa. Ao final do encontro os asistentes puideron conversar e realizarlle diferentes preguntas á ministra.
O alcalde de Ames, Blas García, destacou que o encontro coa ministra de Ciencia e Innovación realizámolo no espazo colaborativo A Proa porque “é un centro referente que temos en Ames para proxectos de tecnoloxía e relacionados co audiovisual. Este centro conta con 36 postos de traballo, dos cales na actualidade están ocupados 23. Chegamos a ter 30 espazos ocupados. A través deste centro tratamos de darlle un impulso aos emprendedores/as que precisan un espazo onde comezar a emprender o seu proxecto”. Tamén dixo que Ames conta cun parque empresarial no Milladoiro cun polo tecnolóxico, de comunicación e audiovisual moi importante, con empresas que son punteiras a nivel mundial.
diana_morant_ames_visita.jpg Morant destacou que Ames é un dos 90 municipios de toda España que forma parte da Red Innpulsa. Dos 8.131 municipios que existen en España tan só 90 teñen este recoñecemento, polo que lle deu as gracias ao alcalde amesán por apostar pola ciencia e a innovación porque xeran progreso. Ademais, explicou que o sector da ciencia e innovación está medrando e que na actualidade xa está xerando un de cada catro novos empregos que se crean en España. Un 25% dos novos empregos están relacionados coa ciencia e a innovación.
Tamén avanzou que estivo tratando co rexedor municipal a posibilidade de establecer un punto informativo no Coworking A Proa sobre as axudas do CDTI, que é unha entidade pública empresarial, dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, que promove a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas españolas. É a entidade que canaliza as solicitudes de axuda e apoio aos proxectos de I+D+i de empresas españolas nos ámbitos estatal e internacional.
A dito encontro tamén acudiu o alumnado e profesorado dos colexios que gañaron o concurso de Innovames 2022 para proxectos educativos innovadores (CEIP Barouta, CEIP Agro do Muíño e IES do Milladoiro). Os representantes do Concello lembraron que primeiro premio, valorado en 1.500 euros, foi para o CEIP de Barouta polo proxecto Rego automático. O segundo premio de 1.000 euros recaeu no proxecto Aprendemos a toponimia de Ames a través do teatro, do alumnado do CEIP Agro do Muíño. O terceiro e último premio de 500 euros foi para o proxecto A son da dobraxe do IES do Milladoiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?