Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Emprego financia con ata 24.000 euros os gastos de posta en marcha de empresas tecnolóxicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Emprego financia con ata 24.000 euros os gastos de posta en marcha de empresas tecnolóxicas

S. P.
Publicado: 29/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computador_p3c90-3defa-3.jpgA Xunta (Consellería de Emprego e Igualdade) compartiu os detalles da súa convocatoria de axudas para impulsar as Iniciativas Empresariais de Base Tecnolóxica (IEBT), na que inviste este ano medio millón de euros para apoiar os gastos durante o primeiro ano de actividade. A convocatoria publicarase este martes 30 de maio no DOG. Inclúe catro liñas de axuda: (1) para a creación de emprego estable, (2) inicio e posta en marcha da actividade, (3) conciliación e, (4) unha nova liña coa que se dá cobertura á función xerencial das persoas promotoras na súa toma de decisións.
Para a creación de postos de traballo indefinidos durante o primeiro ano de funcionamento a Xunta concede apoios que van dos 6.000 aos 12.000 euros por persoa desempregada incorporada. Esta contía incrementarase nun 25% acumulables “no caso no que o centro de traballo ou o domicilio fiscal da empresa se atope nun concello rural, ou que se contrate unha muller ou unha persoa maior de 45 anos, entre outros supostos”.
Polo que respecta ás achegas para atender os gastos de inicio e posta en marcha da actividade (tales como honorarios de notaría e rexistro, compra de mercadorías e materias primas, arrendamento do local, maquinaria e equipamentos informáticos, seguro, publicidade e páxinas web) acadan un máximo de 24.000 euros.
A nova liña de apoio económico á función xerencial ten o obxectivo de axudar a estes profesionais na toma de decisións necesarias para o bo funcionamento da empresa. Prevense dúas modalidades, ata un máximo de 10.000 euros; por unha banda, axudas para a formación da persoa empresaria e, unha segunda, para a realización externa de análises , estudos ou informes.
Por primeira vez este ano, incrementaranse nun 25% as contías destas tres liñas de axuda (creación de postos, inicio de actividade e función xerencial) se as iniciativas cualificadas de base tecnolóxica nacen baixo a fórmula de cooperativa ou sociedade laborais.
No marco da presente convocatoria prevense tamén axudas de ata un máximo de 3.000 euros para garantir a conciliación e sufragar ata o 75% dos custos dos servizos de coidado de menores, maiores ou dependentes que contraten os impulsores das iniciativas.
Con estas a axudas, a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade “quere fomentar o espírito innovador emprendedor, principalmente no ámbito do persoal investigador e as persoas tituladas universitarias, en todas as áreas de coñecemento”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?