Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: TEGRA xerou emprego de alta cualificación e achegou tecnoloxías referenciais en ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

TEGRA xerou emprego de alta cualificación e achegou tecnoloxías referenciais en ciberseguridade

S. P.
Publicado: 29/05/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

tegra_cinco_anos.jpgO venres 26 de maio Gradiant, centro privado de tecnoloxía TIC con sede en Pontevedra, e Telefónica Tech, compañía de transformación dixital, celebraban o V aniversario de TEGRA Cybersecurity Center, unha unión promovida por ambas as entidades que se converteu en referente en canto á innovación de ciberseguridade en Galicia e exemplo de colaboración público-privada. Na cita fixeron balance deste medio lustro de actividade, no que foi posible xerar tecnoloxías que hoxe son un referente en materia de protección.
Foi en 2018 cando o centro puxo o foco no desenvolvemento de tecnoloxías de ciberseguridade cubrindo aspectos como a protección da información, a protección contra a fraude dixital e a xeración de ciberintelixencia. Para iso realizouse un investimento conxunto de 3,85M, dos que 1,1M corresponden a investimento achegado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Luís Pérez Freire, director xeral de Gradiant, destacou o importante papel de programas como o de Unidades Mixtas de Investigación, no relativo á estabilidade e a inxección de recursos que supón. “Aínda que Gradiant e Telefónica Tech xa colaboraramos con anterioridade non sería posible todo o traballo realizado nos últimos anos sen a existencia de TEGRA”, apuntou Pérez.
gain_patricia_argerey_tegra.jpg Pola súa banda, Patricia Argerey, directora da GAIN, subliñou o papel da Unidade Mixta IRMÁS-TEGRA no posicionamento tecnolóxico de Galicia nun sector emerxente e con gran potencial de crecemento como a ciberseguridade.
TEGRA fixo posible a creación de emprego cualificado nun sector de gran demanda e potencial de crecemento, xerando máis de 10 empregos directos e involucrando a máis de 40 persoas no sector da I+D+i en Galicia.
Indo ao encontro de celebración do pasado venres 26 de maio, dicir que asistiron: INCIBE, GAIN, AMTEGA, a Universidade de Vigo e Ecix Group, realizando unha presentación dos resultados de TEGRA, e facendo unha reflexión sobre a importancia da ciberseguridade e a xeración dun ecosistema sólido nun ámbito tan importante e habilitador para o futuro da economía como é o da ciberseguridade. Asemade, houbo tempo para novidades: tendencias en produtos e servizos de ciberseguridade coa visión estratéxica achegada por Telefónica Tech neste eido.
Así, TEGRA Cybersecurity Center enmárcase na unidade mixta de investigación en ciberseguridade IRMÁS 2.0 (Information Rights Management Advanced Systems), que está co-financiada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
tegra_cinco_anos_aniversario.jpgO centro naceu fai cinco anos co obxectivo de desenvolver produtos e servizos que melloren a seguridade da información das empresas galegas mediante técnicas criptográficas avanzadas, deseñar mecanismos de comprobación da identidade no acceso á información e ferramentas de análises de datos, ademais de sistemas de clasificación de documentación e de detección de accesos irregulares á información.
A xeito informativo, segundo o Instituto Nacional de Ciberseguridade de España (INCIBE), xestionouse en 2022 118.820 incidentes de ciberseguridade, un 9% máis respecto ao ano anterior, dos que máis de 110.100 afectaron a cidadáns e empresas. Salientar que 1 de cada 3 son unha filtración de datos sensibles, protexidos ou confidenciais que son roubados por unha persoa non autorizada; e 2 de cada 5 son vulnerabilidades de sistemas tecnolóxicos.
En canto aos incidentes máis frecuentes, INCIBE destaca o phishing con case 17.000 incidentes, seguido do malware con máis de 14.000. Cifras que avalan a necesidade de transferencia de coñecemento en ciberseguridade ás empresas galegas, así como de fomentar e concienciar á sociedade da importancia da seguridade dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?