Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aula AMTIC de ames achega o venres 9 unha xornada de electrónica e programación para a rapazada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aula AMTIC de ames achega o venres 9 unha xornada de electrónica e programación para a rapazada

S. P.
Publicado: 29/05/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

antic_ames_portada_obradoiro_robots.jpgA aula AMTIC de Ames ten programada para o vindeiro venres 9 de xuño, na Casa da Cultura de Milladoiro, unha xornada lectiva arredor da electrónica e a programación. No evento poderán participar cativos e cativas de entre 8 e 14 anos, que serán divididos en dúas quendas. Na primeira franxa horaria, de 17:00 a 18:30 horas, terán cabida os nenos e nenas de entre 8 e 10 anos; mentres que na segunda, de 19:00 a 20:30 horas, impartiranse contidos para a rapaza dende os 11 ata os 14 anos.
Para comezar, haberá unha pequena charla teórica sobre a electrónica e a súa programación en placas de tipoloxía Arduino (con sensores e actuadores) e unha explicación da contorna de programación onde se realizará a práctica. A continuación, os participantes poderán desenvolver esa primeira práctica, para posteriormente presencial a programación electrónica dun robot.
Por outra banda, haberá tamén un espazo de exposición no que se realizará unha demostración de robots autónomos, e onde se ensinará unha impresora 3D.
As inscricións poden realizarse a partir do 29 de maio. As prazas asignaranse por orde de recepción das solicitudes ata completarse. Para anotarse é preciso enviar unha ficha de inscrición ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal. Tamén se pode facer de xeito presencial, acudindo ás instalacións da Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (AMTIC), na Casa da Cultura do Milladoiro. O horario é de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas. Os luns e os martes tamén abre en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas.
Para consultar calquera dúbida pódese contactar coa AMTIC chamando ao número de teléfono 981 535 940 ou escribindo a informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?