Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG distingue á Dirección Xeral de Emprendemento co Premio Iniciativa da Administración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG distingue á Dirección Xeral de Emprendemento co Premio Iniciativa da Administración

S. P.
Publicado: 30/05/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

grandio_c.emprego_fonsagrada_web_098.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai conceder o seu Premio Iniciativa da Administración á Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, dependente da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Esta Dirección Xeral, de nova creación, é merecedora desta distinción por “pilotar diferentes iniciativas de emprendemento innovador, desde o punto de vista das TIC, a inclusión e a igualdade”, explicou o CPEIG. O galardón será entregado no marco da XV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, o 16 de xuño en Santiago.
Os porqués do galardón
O colexio tamén que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade modificou a súa estrutura hai un ano ao amparo do Decreto 123/2022, do 23 de xuño de 2022, unha norma que fixa unha Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, e, dependente desta, unha Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego.
A entidade profesional salienta que a Secretaría Xeral participa na elaboración das estratexias e dos plans anuais de políticas de emprego. Tamén está na elaboración e deseño de instrumentos e medidas que contribúan a evitar situacións de falta de estabilidade do emprego. “En definitiva”, prosegue, “ten atribuídas a dirección, coordinación, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de apoio, fomento e mantemento do emprego, traballo autónomo, cooperativas e economía social e apoio á integración laboral das persoas con discapacidade ou en situación de vulnerabilidade”. Ademais, da Secretaría depende a convocatoria e execución doutras axudas ou actuacións derivadas de plans estatais, autonómicos ou europeos para a creación de emprego, por conta propia ou allea, e ao seu mantemento.
Por outra banda, destácase que a Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego asume as competencias de apoio ao emprendemento durante todas as fases da actividade emprendedora, é dicir, tanto as actuacións necesarias para o comezo da actividade, como a súa realización efectiva posterior, incluíndo a implantación e mantemento, con servizos de asesoramento e mentoring. Tamén lle compete a creación, posta en marcha, xestión directa e indirecta e coordinación da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Galicia; o impulso e a coordinación dos espazos de coworking e viveiros que permitan acelerar e situar no mercado pequenas empresas e contar cun único instrumento integrador de empresas xeradoras de emprego de calidade.
230329_pte_emprego_pololucense_dcs_4.jpg “Esta Dirección Xeral”, prosegue o CPEIG, “encárgase do impulso e coordinación da creación e desenvolvemento de produtos e procesos innovadores, no marco do emprendemento maker de Galicia, e tamén do emprego xuvenil, así como do fomento do emprendemento no eido educativo nas súas distintas modalidades”. A Rede ten activos actualmente oito polos que empregan a ferramenta SIE para a análise territorial do mercado, dos sectores e das necesidades da contorna.
A Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Galicia ten un enfoque innovador que aposta por proxectos de emprendemento efectivos:
• Identifica as necesidades e oportunidades para emprender que presenta cada un dos territorios.
• Detecta actividades económicas con potencial que xorden en cada territorio para saber onde é máis efectivo emprender.
• Fomenta proxectos que permitan desenvolver novos sectores innovadores para dinamizar a contorna e crear sinerxías co tecido empresarial existente.
A Rede está composta por 15 polos (8 activos actualmente) que incluirá un espazo de coordinación en A Coruña. Este local, que abrirá as súas portas antes de finais de ano, disporá dunha área específica de traballo colaborativo (coworking) adaptada para o emprendemento de persoas con discapacidade, coas tecnoloxías máis modernas á súa disposición, un modelo que a Xunta aspira a replicar en toda a rede. Tamén a Rede de Polos introduce ferramentas intelixentes para o desenvolvemento de proxectos, onde as tecnoloxías son esencias para acadar a maior información posible para emprender. Así, emprégase SIE, unha ferramenta de análise territorial da contorna coa que se pode coñecer información de valor:
• Os detalles do mercado e a estrutura produtiva do territorio no que se quere emprender.
• Información do sector industrial e económico no que se vai desenvolver a actividade.
• Oportunidades de desenvolvemento empresarial para emprender en base ás necesidades do territorio.
Por último, o Consello da Xunta vén de aprobar no mes de maio o proxecto de Lei de Igualdade, que está agora en trámite parlamentario. No texto, composto por preto de 200 artigos, faise especial fincapé no concepto de sustentabilidade social empresarial e a necesidade de que as empresas melloren o seu compromiso cos equipos diversos, de xénero, pero tamén de persoas con distintas capacidades. Tamén a Lei reforza e impulsa as accións para incorporar ás mulleres ao sector TIC e na formación en todos os sectores nos que están infrarrepresentadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?