Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC e a Deputación de Pontevedra ofrecen unha ollada aos computadores do futuro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC e a Deputación de Pontevedra ofrecen unha ollada aos computadores do futuro

S. P.
Publicado: 30/05/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O investigador da UVigo Marcus Curty
O investigador da UVigo Marcus Curty
Será este xoves, 1 de xuño, ás 19 horas cando a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra celebren unha nova sesión do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos. A dita actividade será de balde e está encamiñada a promover o interese sobre temas de actualidade científica con repercusión social, impulsando o labor científico que se leva a cabo en Galicia. Poderá seguirse en liña (a ligazón obtense unha vez rexistrados na web da Deputación). A sesión centrarase nas tecnoloxías cuánticas e nas tecnoloxías que nos agardan.
Cómpre informar que este ciclo de conferencias, que se estenderá ata o 15 de xuño, constará de dous bloques: no primeiro bloque serán conferencias en formato webinar impartidas por persoas de recoñecido prestixio no seu eido profesional propostas pola RAGC. E nun segundo bloque conferencias en centros de ensino da provincia de Pontevedra dirixidas ao alumnado da ESO.
Indo á xornada deste xoves 1 de xuño, dicir que se centrará na segunda revolución cuántica e en como serán os computadores e as comunicacións do futuro. Será impartida por Marcos Curty Alonso, catedrático de Teoría do Sinal e Comunicacións da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo e investigador do Quantum Communication Center da Universidade de Vigo. Na súa intervención explicará como a mecánica cuántica cambiará de xeito radical a maneira de compartir e protexer a nosa información nun futuro próximo. O investigador indica que hai dúas motivacións principais que impulsan as tecnoloxías cuánticas. “A primeira é práctica, e está relacionada coa permanente miniaturización dos compoñentes electrónicos dos nosos circuítos integrados, que están xa próximos a acadar escalas onde é preciso empregar a mecánica cuántica para describir o seu funcionamento. A segunda é máis fundamental: os principios da mecánica cuántica bríndannos a posibilidade de codificar, transmitir e procesar información de maneira máis eficiente que os seus análogos clásicos, ofrecendo aplicacións imposibles para a nosa tecnoloxía actual”.
Entre as aplicacións ás que se refire Curty atópase a capacidade para romper a seguridade das nosas comunicacións en redes abertas como Internet. “Por exemplo, cando efectuamos transaccións financeiras con banca electrónica ou compras en liña, é imprescindible garantir a confidencialidade da información transmitida. Isto realízase con sistemas criptográficos de clave pública, cuxa seguridade se basea na dificultade de resolver certos problemas matemáticos. Pois ben, un computador cuántico podería resolver gran parte destes problemas matemáticos de xeito moi eficiente”.
Europa planea despregar unha rede de comunicacións cuánticas a nivel continental na vindeira década para protexer os nosos segredos máis valiosos. O investigador opina que “motivados por esta aplicación, así como por moitas outras potenciais aplicacións dos computadores cuánticos en campos como a biomedicina, a química, a intelixencia artificial ou a seguridade, xigantes tecnolóxicos como Google, IBM ou Microsoft están inmersos nunha carreira frenética por ser os primeiros en desenvolver un computador cuántico a grande escala”.
A inscrición para participar de xeito gratuíto en todas as conferencias debe realizarse a través da web da Deputación de Pontevedra. Engadir que o s participantes poderán solicitar un certificado de asistencia. Nun primeiro bloque organízanse conferencias en formato webinar impartidas por persoas de recoñecido prestixio no seu ámbito profesional propostas pola RAGC. E nun segundo bloque conferencias en centros de ensino da provincia de Pontevedra dirixidas ao alumnado da ESO.
Para ver o programa íntegro do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos cómpre visitar a web da RAGC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?