Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As profesións TIC estiveron entre as máis demandadas na Feira de Emprego da Cámara da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As profesións TIC estiveron entre as máis demandadas na Feira de Emprego da Cámara da Coruña

S. P.
Publicado: 31/05/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

feira_emprego_camara_coruna_2.jpgEste martes 30 de maio celebrouse en Carballo a XIII Feira de Emprego da Cámara da Coruña, na que participaron uns 120 mozos e mozas e 30 empresas con procesos de selección abertos. Como resultado realizáronse unhas 600 entrevistas de emprego que poderían dar como froito a incorporación ao mercado laboral duns cincuenta participantes na feira. Buscábanse principalmente persoas formadas en medio ambiente, tendas de alimentación e retallistas, axentes comerciais, enxeñería industrial, informática, telecomunicacións e electricidade.
No acto de inauguración participaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e a vicepresidenta da Cámara, Luz Pardo, quen salientou que “na actualidade, no Programa de Garantía Xuvenil temos inscritos, en expectativa de emprego, a 9.368 mozos, pertencentes os 39 municipios que conforman a demarcación cameral, un dato que vén descendendo nestes últimos anos. A través do PICE, levamos impartido máis de 500 accións formativas e preto de 4.000 mozos formáronse connosco”. Pardo tamén salientou a entidade conta ademais co estimable labor do Viveiro de Empresas de Carballo, activo desde hai máis de 15 anos e que axudou a despegar a un importante número de iniciativas emprendedoras, “achegándolles ese apoio tan necesario nas primeiras fases de consolidación e crecemento”.
camara_coruna_feira_emprego-2.jpgPola súa parte, Evencio Ferrero detacou “o potencial do Fórum Carballo como centro acolledor de novas iniciativas e actividades formativas. Porque a formación é a base, o camiño a seguir para atopar un emprego que realmente faga felices ás persoas. As trinta empresas que hoxe están aquí representadas ofrécenvos unha estupenda oportunidade para que poidades atopar o voso espazo laboral”, dixo.
No transcurso da mañá, e en paralelo á realización de entrevistas, as persoas demandades de emprego puideron asistir a seminarios deseñados para axudarlles a mellorar a súa empregabilidade, dotándoas de ferramentas e dándolles consellos prácticos para participar en procesos de selección. Os mozos e mozas puideron coñecer o Programa da Cámara, Somos FP Dual, co relatorio dun dos seus embaixadores.
As empresas que participaron son: APECCO, Arce Clima, Areté Gestión de Personas, ASEB (Asociación de Empresarios de Bergondo), Carrefour, CIE Tecnología, Clece, Disashop, DomusVi, Eulen – Flexiplan, FUAC (Fundación Universidade da Coruña), Fundacion Equipo Humano, Gadisa, Genesal Energy, Gi Group, Grupo Aluman, Grupo Calvo, Grupo Externa, Grupo Gestán, Iman Temporing, MMypem by Voltam, Northius, Pacto, Repsol, Synergie, Teiga TMI, Temporing e Vegalsa-Eroski.
A Feira de Emprego da Cámara da Coruña enmárcase no Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE) das Cámaras de Comercio de España. É un dos instrumentos que articulan en España o Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020 do Fondo Social Europeo e forma parte do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, unha iniciativa do Ministerio de Traballo e Economía Social en coherencia coa Estratexia de Emprendemento e Emprego Novo. O seu obxectivo é “apoiar a redución da taxa de desemprego entre os mozos, mellorando a súa cualificación e empregabilidade e promovendo o autoemprego”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?