Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sanidade botará man do Big Data para reducir o número de fumadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sanidade botará man do Big Data para reducir o número de fumadores

S. P.
Publicado: 31/05/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sanidade_plan_tabaquismo.jpgA Consellería de Sanidade empregará Big Data (tecnoloxías intelixentes de análise da información a gran escala) para axudar aos fumadores a deixar de fumar. Así o fixo saber o o conselleiro Julio Comesaña, na posta en marcha do Plan Inspira Saúde, cuxo obxectivo é “reducir a prevalencia do consumo de tabaco diario na poboación adulta por baixo do 15% no 2027 e nos adolescentes por baixo do 5%”. Ao seu abeiro crearase unha rede de apoio á cesación tabáquica con seguimento dos pacientes por parte dos profesionais especialistas en tabaquismo, para o que será empregada a plataforma tecnolóxica autonómica Telea.
Comesaña remarcou que, no marco do plan, o seu departamento elaborará un perfil epidemiolóxico que defina os determinantes que se relacionan cun alto risco de padecer doenzas relacionadas co tabaquismo, “algo que será posible grazas ao Big Data da nosa historia clínica electrónica”, dixo, engadindo que está previsto desenvolver un programa piloto de diagnóstico precoz de cancro de pulmón, e a detección precoz doutras enfermidades provocadas polo consumo de tabaco, como a EPOC ou as enfermidades cardiovasculares. A tal efecto, “empregaremos ferramentas de intelixencia artificial que nos permitirán estratificar o risco do paciente de padecer a enfermidade”.
Xunto ao anterior o conselleiro dixo que a Xunta establecerá o 31 de outubro como o Día Galego sen Tabaco, e crearase a Rede Cidadá Inspira Saúde, para a promoción dunha vida sen tabaco. “O plan tamén tratará, ao mesmo nivel que o tabaco convencional, os dispositivos tipo vapeadores ou cigarros electrónicos. Tamén incidiremos na formación continua dos profesionais implicados neste plan, coa colaboración da Escola Galega de Saúde Pública”.
Así mesmo, crearanse máis espazos sen fume ao aire libre, actualmente cóntase con 214 praias sen fume en 80 concellos e 18 parques en 18 concellos, “iniciativa que ampliarase aos campos de fútbol, canchas de baloncesto, piscinas descubertas e mesmo campus universitarios”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?