Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo deseña un software para mellorar a supervivencia dos dispositivos que captan enerxía das ondas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo deseña un software para mellorar a supervivencia dos dispositivos que captan enerxía das ondas

S. P.
Publicado: 01/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_ondas1.jpgMembros do Grupo Environmental Physics Laboratory (EPhysLab-Centro de Investigación Mariña) da Universidade de Vigo lideran un proxecto (con financiamento estatal e participación internacional) a través do cal desenvolven unha ferramenta numérica, un software, para estudar e mellorar a supervivencia de dispositivos captadores de enerxía das ondas do mar. Chámase proxecto Surviwec e arrincou en setembro de 2021, con prolongación ata agosto de 2024.
Os seus investigadores principais son Alejandro Cabrera Crespo e Maite de Castro, membros de EPhysLab e profesores da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense. Ademais de membros deste grupo da UVigo participan especialistas da Universitat Politècnica de Catalunya e das universidades de Gante (Bélxica), Aveiro (Portugal) e Salerno (Italia). A iniciativa dá continuidade á liña de investigación que os socios deste proxecto desenvolven desde hai varios anos arredor da simulación de fluídos computacional aplicada a problemas de enxeñaría reais, neste caso no campo das enerxías renovables mariñas.
Segundo explican, o obxectivo principal do proxecto Surviwec é “desenvolver e validar unha ferramenta numérica (usando o código DualSPHysics como punto de partida) que será empregada para estudar a supervivencia de diferentes dispositivos do tipo absorbedor puntual baixo condicións extremas de ondas”. Os dispositivos do tipo absorbedor puntual, indica o grupo investigador, “teñen a vantaxe de aproveitar a enerxía das ondas con independencia da dirección das ondas, xa que poden absorber enerxía de todas as direccións”, sendo na actualidade os principais aparellos sobre os que se traballa en investigación tanto pública como privada neste eido. Na simulación de dispositivos captadores de enerxía de ondas, especialmente cando se trata de avaliar o seu funcionamento ante condicións extremas, como temporais, o software DualSPHysics, froito da colaboración de EPhysLab e as universidades de Manchester, Gante e Universitat Politècnica de Catalunya, tense convertido nun referente internacional. Segundo explican os investigadores, “trátase dun modelo de simulación de fluídos en 3D que utiliza partículas e que se emprega en simulacións nas que a auga impacta con violencia en estruturas en tres dimensións, como estruturas costeiras ou dispositivos flotantes no mar”.
A metodoloxía do proxecto Surviwec baséase en tres pasos: “Obter condicións extremas do estado do mar nas nosas costas tanto presentes como futuras; implementar e validar novas funcionalidades no código DualSPHysics e simular dispositivos do tipo absorbedor puntual para levar a cabo un estudo de supervivencia en profundidade baixo as condicións extremas obtidas antes”. O equipo da UVigo é o encargado do traballo de desenvolvemento numérico e o da Universitat Politècnica de Catalunya dos experimentos no tanque de ondas chamado CIEM, incluído na lista de Infraestruturas Científicas y Técnicas Singulares que, co soporte do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital, están dispoñibles para usar neste tipo de proxectos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?