Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cangas une poesía e videoxogo nunha xornada organizada polo CCG e o MUVI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cangas une poesía e videoxogo nunha xornada organizada polo CCG e o MUVI

S. P.
Publicado: 02/06/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ccg_muvi.jpgA poesía e os videoxogos achegaranse na xornada de mañá, sábado 3 de maio, nun encontro titulado Hai un poema no teu videoxogo, unha proposta do Consello da Cultura Galega e o Museo do Videoxogo que se levará a cabo na mesma sede do Museo do Videoxogo (MUVI) de Galicia, en Cangas (rúa de Aragón, 2-baixo).
A cita que dará comezo ás 16:30 horas estará coordinada por Carmen García Mateo e Carlos Pereiro, quen asegura que “buscamos unir dous mundos que parecen afastados pero que non o están tanto”. Serán os poetas Pablo Rodríguez e Branca Trigo os protagonistas desta innovadora actividade na que haberá xogos en streaming, poesía, audiovisual e experimentación.
Carlos Pereiro, co-coordinador da xornada, explica que “pensabamos que era interesante que a lírica galega estivese tamén presente no mundo dos videoxogos e pensamos nunha proposta que achegase estes dous universos”. O resultado é un experimento en que haberá recitados, pero tamén proxeccións audiovisuais, xogos en directo e ata un streaming que permita poñer en diálogo ambas as disciplinas. “É algo inédito co que buscamos novas maneiras de fusión de mundos que pensamos que se poden atopar, porque estamos afeitos a ver debuxos, ilustracións de xente que as fai a partir de videoxogos, pero non poemas que falen das consolas e dos videoxogos, que son tan populares como os microondas”, asegurou Pereiro.
Na actividade participan o poeta e co-fundador de Leite Edicións, Pablo Rodríguez (autor de Os ollos das moscas; Ed. Urutau, 2021), e mais a poeta Branca Trigo (autora de Ω; Malafera, 2023 e Con do lore; Urutau, 2022).
Como peche da xornada, farase entrega dos premios do reto FalAI, ás 19:30 horas, promocionado por Balidea e a Universidade de Vigo, na procura de voces en lingua galega coas que desenvolver proxectos de Intelixencia Artificial.
Máis información na web do CCG.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?