Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ribeira recibe 185.883 de fondos europeos para proseguir impulsando a súa transformación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ribeira recibe 185.883 de fondos europeos para proseguir impulsando a súa transformación dixital

S. P.
Publicado: 02/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

portatil-docencia-computador-traballando-1030x438.jpgO Ministerio de Política Territorial vén de confirmar ao Concello de Ribeira o outorgamento de 185.883,06 euros de fondos europeos Next Generation dirixidos a “seguir impulsando a transformación dixital e a modernización do Concello de Ribeira”.
Máis polo miúdo, estas axudas adscríbense ao denominado Compoñente 11 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que permite “a modernización das comunidades autónomas e entidades locais de forma coherente e coordinada cos investimentos realizados a nivel transversal pola Administración Xeral do Estado, de acordo cos criterios de consistencia e impacto esperados pola Comisión Europea”.
Así, 40.000 euros irán destinado á integración dos expedientes abertos coa Carpeta Cidadá do Estado, o que, segundo recordan fontes do Concello, “favorece e facilita un único punto de acceso aos servizos dixitais das administracións locais facendo que sexan máis eficientes, inclusivos e de calidade para cidadáns e empresas, en liña tamén cos obxectivos previstos na Estratexia Dixital 2025”.

Praza do Concello de Ribeira
Praza do Concello de Ribeira
Por outra banda, 145.883,06 investirase no desenvolvemento dunha nova infraestrutura de rede, o que propiciará unha maior aforro de custes para as arcas municipais. Neste senso abordaranse dúas actuacións principais:
-Renovación da rede de switching municipal, actualmente composta por electrónica de rede facilitada polo operador de telecomunicacións, Telefónica, en modo de alugueiro e por switches propios, cunha media de máis de 8 anos de antigüidade. “Por este motivo é necesario adquirir novo equipamento propio de nova xeración e adaptado ás necesidades actuais e futuras do concello”, sinalaron fontes do Goberno local.
– Despregadura de rede de fibra entre as principais sedes municipais. Na actualidade a maioría dos centros conéctanse á rede corporativa vía VPN a través dunha conexión ADSL. Realizarase unha tirada de fibra desde a sede (Concello), que disporá de acceso a Internet de 1Gbps simétrico, ao resto de sedes, de maneira gradual para conseguir a homoxeneización no servizo. Nesta primeira fase subvencionada, a tirada de fibra levarase ata o Conservatorio, a Policía, a Casa da Xuventude e o novo Auditorio.
A obtención desta subvención europea é posible grazas a que ao Concello de Ribeira xa desenvolveu ao longo deste mandato unha Estratexia Dixital, a cal se apoiaba no vector Ribeira +Intelixente da EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020, para o deseño dun marco operativo de actuación que guiou a posta en marcha de actuacións que avanzan na transformación dixital do Concello nos próximos anos, como así tamén se recolle no Plan de Acción Local da Axenda Urbana de Ribeira Atlántica, considerando como proxecto tractor ou estratéxico o desenvolvemento dixital da Administración e por iso facilitar os trámites aos cidadáns.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?