Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra achega 5 obradoiros dentro do programa SmartPEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra achega 5 obradoiros dentro do programa SmartPEME

S. P.
Publicado: 05/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

smartpeme-21aa2a-05113-2.jpgSerá ao longo desta semana cando teñan lugar cinco novas accións formativas dentro do programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pequenas e medianas empresas e persoas autónomas da Deputación da Pontevedra. Os ditos obradoiros, que se celebrarán de xeito telemático e presencial, xirarán arredor de ciberseguridade e uso da VPN, fabricación dixital, debuxo 3D con Onshape V–Assembly I, campañas de mercadotecnia con influencers, promoción a través de Pinterest e mellora da reputación en liña dun establecemento turístico.
Indo aos obradoiros, este luns 5 de xuño, as 10h inaugurábanse con: Ciberseguridade, uso da VPN, co obxectivo de fomentar a utilización da VPN coñecendo os seus beneficios e o seu funcionamento. No taller telemático abordarase o seu uso, cales son as opcións gratuítas e como se configura. O experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire será o encargado de impartir a formación.
Mañá, martes 6 de xuño terá lugar o obradoiro Fabricación dixital. Debuxo 3D con Onshape V – Assembly I, que consta dun itinerario formativo dividido nunha primeira parte teórica en liña e unha segunda parte presencial, con prácticas no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro (Pontevedra). Aquelas persoas que participen formaranse de xeito teórico no manexo de debuxo 3D con Onshape (16h), impresoras 3D de filamento (8h), impresoras 3D de resina e escáner 3D (2h). As prácticas consisten no uso de impresoras 3D filamento (8 h), impresoras 3D resina (8 h) e escaneo 3D (4 h). Manuel Freire será de novo o docente encargado da formación.
O mércores 7 de xuño, as 12h comeza o taller Como facer campañas de márketing con influencers, que abordará aspectos como: en que consiste, as plataformas que se empregan, os tipos de influencers, os beneficios que achegan este tipo de campañas e os consellos para mellorar a súa efectividade. Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, experta en dirección en comunicación corporativa e con ampla experiencia en comunicación e en mercadotecnia dixital, será a encargada de impartir a formación.
O xoves 8 de xuño realizaranse dous obradoiros telemáticos. Pola mañá, as 12h, Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, con 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web, impartirá Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest, a través do cal as e os participantes poderán tirar o máximo proveito a esta rede social. Pola tarde, ás 17h, Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas con experiencia en dinamización e formación turística, será a encargada de explicar Como mellorar a reputación online do teu establecemento turístico, familiarizando ás persoas participantes cos portais de opinión, as ferramentas de monitorización e técnicas de mercadotecnia para que resulte beneficioso para a empresa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?