Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Escola Superior de Enxeñaría Informática celebra este sábado unha xornada de portas abertas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Escola Superior de Enxeñaría Informática celebra este sábado unha xornada de portas abertas

S. P.
Publicado: 06/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

eseiportasabertas.jpgAs e os estudantes interesados nas carreiras tecnolóxicas terán este sábado 10 de xuño a oportunidade de coñecer en primeira persoa a Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do Campus de Ourense, as súas instalacións, titulacións e servizos. Será na celebración da súa xornada de portas abertas, dirixidas a futuro novo alumnado universitario e ás familias interesadas.
As xornadas, que non requiren inscrición previa, comezarán ás 10.30 h coa apertura de portas e visita libre ás instalacións desta escola, situada no edificio Politécnico do Campus de Ourense. Continuará cunha presentación do centro e das súas titulacións, especialmente as de grao, cunha mesa redonda sobre as posibles saídas profesionais destas carreiras e cunha quenda de rolda de preguntas das persoas asistentes. Finalmente haberá unha visita guiada pola escola. “Animamos ao novo alumnado e familias a achegarse o sábado ata o noso centro para participar nestas xornadas e coñecernos mellor”, sinalan desde a ESEI.
Segundo lembran fontes da UVigo, na Escola Superior de Enxeñaría Informática o futuro alumnado universitario pode escoller entre o Grao de Enxeñaría Informática ou o Grao de Intelixencia Artificial. O Grao de Enxeñaría Informática oferta case 150 prazas de novo acceso, e forma profesionais “cunha completa formación científica, tecnolóxica e socioeconómica, que os prepara para o exercicio profesional no desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións no ámbito da informática”. Pola súa banda, o Grao de Intelixencia Artificial, que oferta 50 prazas en primeiro, arrancou este curso 2022/2023. Trátase dunha titulación interuniversitaria na que as materias dos dous primeiros cursos son comúns ás tres universidades (A Coruña, Santiago e Vigo) e en terceiro e cuarto no Campus de Ourense impártese a orientación en Sistemas de Información Intelixentes. Este grao “proporciona a formación ampla, profunda e multidisciplinar que precisan os e as profesionais deste ámbito e que resulta imprescindible para construír con éxito os servizos e aplicacións intelixentes que están a ter un impacto tan importante nas nosas vidas a todos os niveis”.
Ademais, na ESEI ofértase o programa conxunto dos graos de Enxeñaría Informática e Administración e Dirección de Empresas, que permiten ás e aos seus estudantes obter os dous títulos en seis anos. “Esta formación combinada responde a una demanda moi concreta do tecido empresarial actual, que busca profesionais que saiban desenvolverse simultaneamente entre as decisións empresariais e as decisións relacionadas cos investimentos e o seu desenvolvemento no ámbito das TIC”, indican desde o centro. A oferta de titulacións desta escola complétase cos estudos de Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (que ten como obxectivo primordial a preparación de profesionais altamente cualificados, capaces de planificar, deseñar, dirixir, coordinar e xestionar proxectos, produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da enxeñaría informática) e o Mestrado Universitario en Intelixencia Artificial (tamén titulación interuniversitaria posta en marcha este curso académico que se presenta como “un programa completo para a formación de profesionais e emprendedores nesta rama de coñecemento). Por último, tamén se oferta o programa de doutoramento en Sistemas de Software Intelixentes e Adaptables.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?