Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Imaxin alíase con Priberam para integrar o seu sistema de tradución automática nun software de tratamento de vídeo con IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Imaxin alíase con Priberam para integrar o seu sistema de tradución automática nun software de tratamento de vídeo con IA

S. P.
Publicado: 06/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

plainx-opentrad.jpgA empresa galega imaxin|software e a portuguesa Priberam remataron a integración de varios pares de idiomas da plataforma Opentrad no software de tratamento de vídeo plainX que, segundo indican, “permite a transcrición, tradución, subtitulado e dobraxe automática empregando avanzadas técnicas de Procesamento de Linguaxe Natural e de Intelixencia Artificial”. Imaxin engade que este proxecto abeirase á colaboración mantida dende hai anos entre ambas dúas empresas, especializadas neste tipo de solucións, colaboración que será ampliada no futuro con novos proxectos en común.
A renovada plataforma de tradución automática de imaxin|software, Opentrad, fornece desde agora a tradución dos seguintes pares de idiomas: galego a portugués, galego a español, español a catalán, español a portugués, catalán a español, español a galego e portugués a galego. Opentrad, que acaba de renovar a súa web, permite a tradución de textos, webs e documentos a un gran número de idiomas e con distintas opcións de personalización.
Pola súa banda, plainX e unha innovadora ferramenta de adaptación de vídeo alimentada por IA de Priberam, que inclúe funcionalidades de transcrición, tradución, subtitulado e dobraxe de calquera vídeo de forma automática. Así, a ferramenta serve de axuda na localización do contido e, tamén, permite aforrar moitas horas de traballo de edición ao tempo que posibilita unha difusión máis áxil. En cuestión de minutos, “é posible obter a versión do vídeo en múltiples idiomas para poñelo a disposición dos clientes ou audiencias”, explican fontes da empresa portuguesa, engadindo que plainX xa está a ser usada por grandes axencias de noticias, empresas de tradución ou cadeas de televisión de varios países. Ademais, engade a empresa, o programa permite a súa integración con outros sistemas de monitoraxe de medios, o que aumenta de xeito exponencial as súas posibilidades e novos usos como, por exemplo, a creación de podcast automáticos sobre calquera tema de actualidade.
“A integración dos pares de idiomas de Opentrad co software de Priberam supón un salto adiante para nós, co establecemento dunha alianza cunha das empresas líderes en Procesamento de Linguaxe Natural a nivel europeo e nunha plataforma, plainX, que facilita enormemente o traballo de xestión de vídeos en varios idiomas”, sinalou o director de imaxin|software, Diego Vázquez, engadindo que “neste momento, o uso de tecnoloxías de Intelixencia Artificial fai posible aforrar moitas horas de traballo e desenvolver funcionalidades que ata hai pouco, simplemente, non existían”, conclúe.
Pola súa parte, Carlos Amaral, director executivo (CEO) de Priberam, valorou positivamente “a colaboración con Imaxin, unha empresa cunha longa traxectoria, vintecinco anos, no desenvolvemento de proxectos de tradución automática, e que comparte con nós a filosofía de crear produtos e servizos baseados no PLN e da incorporación das posibilidades que achega a IA”. Amaral lembrou as “grandes posibilidades que ofrece para empresas, medios de comunicación, axencias de tradución ou produtoras plainX, tanto a nivel de difusión de contidos como de aforro de tempo de traballo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?