Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As aplicacións da IA protagonizan este xoves a nova sesión do Ciclo Aida Fernández Ríos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As aplicacións da IA protagonizan este xoves a nova sesión do Ciclo Aida Fernández Ríos

S. P.
Publicado: 06/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aida-fernandez-8-xun_o.jpgComo a Intelixencia Artificial pode contribuír positivamente á saúde mental? é o título do novo seminario web do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos que promoven a Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e que imparte este xoves 8 de xuño Ana Freire Veiga, profesora titular e vicedecana de Impacto Social e Innovación Académica da Barcelona Schooll of Management da Universidade Pompeu Fabra. A cita será ás 19 horas e as persoas interesadas en asistir poden inscribirse no formulario que atoparán na web provincial.
Nesta nova sesión do ciclo, Freire falará das tecnoloxías intelixentes que analizan información a gran escala cunha primeira parte na que explicará o porqué de que se estea a falar tanto delas ultimamente, amais de poñer varios exemplos do seu uso e comentar tamén os seus beneficios e riscos.
Na segunda parte, a experta presentará os resultados de STOP (Suicide prevenTion in sOcial Platforms), un proxecto liderado desde a Universidade Pompeu Fabra no que se aplica Intelixencia Artificial para contribuír a mellorar a saúde mental de usuarias e usuarios de redes sociais con problemas neste eido coma a depresión, a ideación suicida ou os trastornos da conduta alimentaria. Grazas a este proxecto incrementáronse as chamadas de redes sociais ao teléfono da esperanza en máis dun 60 %, avanza a relatora.
Trala conferencia deste xoves, as charlas para o público xeral chegarán ao seu fin o día 15 de xuño, ás 19.00 horas, cun seminario en liña sobre a Evolución das nosas células e por que se producen os tumores que ofrecerá David Posada, catedrático de Xenética do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo. As persoas interesadas en asistir de maneira telemática (e de blade) ás conferencias deberán inscribirse en www.depo.gal.
Co Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, a institución provincial e a RAGC convidan a cidadanía a achegarse ás ciencias e ás aplicacións do coñecemento científico á sociedade como axudante do desenvolvemento socioeconómico. O programa abrangue un total de 13 conferencias, por unha banda oito webinarios dirixidos á cidadanía en xeral e, pola outra, cinco conferencias presenciais en centros educativos, tratando temas como a seguridade alimentaria, as enerxías limpas, as comunicacións cuánticas, as aplicacións da IA, o Big Data e a xenómica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?