Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Narón abre o prazo de inscrición para o seu programa Informática Divertida
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Narón abre o prazo de inscrición para o seu programa Informática Divertida

S. P.
Publicado: 08/06/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

naron_cursos_informatica.jpgO Concello de Narón, a través da edil en funcións Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición no programa Informática Divertida (INDI) dirixido a menores empadroados en Narón de entre 8 e 12 anos. A concelleira indicou que as sesións de INDI desenvolveranse na Aula Cemit de Xuvia do 3 ao 31 de xullo (incluídos, se ben o día 25 non haberá actividade) en horario de mañá, de 10.00 a 13.30 horas de luns a venres. En total ofértanse 15 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Os participantes aprenderán a programar con Minecraft, Star Wars e Frozen e tamén programación de bloques, a crear blogs para nenas e nenos e a elaborar un cómic dixital.
“Esta proposta é unha iniciativa formativa centrada no ámbito da robótica e que convocamos novamente coincidindo co período vacacional para ofrecer aos máis pequenos ao longo dun mes unha alternativa educativa, tecnolóxica e creativa para o seu tempo de lecer”, apuntou a edil naronesa.
Na zona rural da cidade, ofertouse este mesmo programa aos centros cívicos sociais das sete parroquias. As persoas interesadas poden contactar coas diferentes entidades veciñais para inscribirse ou solicitar información, ofrecéndose dez prazas para cada un deles. As sesións impartiranse nas mesmas datas e horario que na Aula Cemit de Xuvia.
As solicitudes para a Aula poden presentarse ata o 16 de xuño ás 13.00 horas no Rexistro Xeral do Concello, a través da Sede Electrónica de Narón (onde se pode consultar toda a información deste programa) ou a través de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas utilizando o formulario dispoñible na sede electrónica. Para obter máis información sobre o programa INDI pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1502 ou 1123).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?