Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC participou na Maker Faire Galicia con diversas iniciativas e obtivo un premio na xornada de industria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC participou na Maker Faire Galicia con diversas iniciativas e obtivo un premio na xornada de industria

S. P.
Publicado: 08/06/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_galicia_maker_faire_premio-manuel-lagos.jpgEntre os días 1 e 4 de xuño celebrouse en Santiago de Compostela unha nova edición da Maker Faire Galicia, feira internacional de inventores de ámbitos tan diversos como a arte, os videoxogos, a Intelixencia Artificial ou a biotecnoloxía, e un dos grandes protagonista, amais da cada vez máis creativa e participa comunicade maker galega, foi o Centro de Investigación TIC da UDC (CITIC).
O CITIC é unha das entidades que apoia esta iniciativa e contouse coa presenza de persoal investigador do centro durante todas as xornadas da feira. O xoves desenvolveuse a xornada da industria, cunha presentación de Amparo Alonso sobre dilemas éticos da Intelixencia Artificial. Ademais, o CITIC estivo presente nunha caseta expositora co proxecto Emprego de contornas virtuais para o traballo de habilidades físicas e cognitivas en poboación maior e persoas con diversidade funcional, desenvolvido polo investigador Manuel Lagos. Este proxecto tamén foi presentado durante a xornada, obtendo o terceiro premio dos proxectos presentados na categoría de industria.
O venres, dedicado á xornada educativa, o CITIC estivo presente co proxecto Talentos inclusivos, mostrando algunhas das solucións desenvolvidas polo estudantado dos centros de educación secundaria aos retos tecnolóxicos expostos por ASPACE Coruña.
Ademais, durante toda a Maker Faire celebrouse a segunda edición dun Hackaton de Tecnoloxías Inclusivas, que pretendía responder a necesidades expostas por usuarios de COGAMI, a ONCE, e ASPACE Coruña. A fin de semana varios grupos estiveron a traballar en solucións tecnolóxicas e presentaron os seus proxectos o domingo pola tarde, baixo a atención do xurado formado por representantes destas entidades e do CITIC. A entrega do premio ao proxecto SENSUWalk, unha aplicación móbil para mobilidade urbana de persoas con sordocegueira, foi realizada por Thais Pousada, con varios agasallos promovidos polo propio centro de investigación coruñés.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?