Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O investigador Pablo Campo constata os beneficios para os nosos maiores do exercicio con realidade virtual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O investigador Pablo Campo constata os beneficios para os nosos maiores do exercicio con realidade virtual

S. P.
Publicado: 09/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_potesepcampo2.jpgFacer exercicio con Realidade Virtual ten beneficios para a saúde e a calidade de vida das persoas maiores. Así o vén de demostrar o investigador Pablo Campo (UVigo) nun dos estudos que conforman a súa tese de doutoramento. Os resultados desta investigación recóllense nun artigo publicado na revista científica Journal of clinical medicine e constitúen, “ata onde chega o noso coñecemento, o primeiro estudo con Realidade virtual Inmersiva nesta poboación a nivel internacional”, recoñece o integrante do grupo HealthyFit, que forma parte do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS).
Segundo reflicte fontes da Universidade de Vigo, estes resultados son á súa vez unha das consecuencias do traballo que, no marco da tese de Pablo Campo, levou a cabo con 24 usuarios e usuarias do centro Saraiva Sénior, en Pontevedra, no que buscaba coñecer os beneficios físicos e cognitivos dun programa de exercicio físico baseado no uso destas tecnoloxías. Este estudo, explica, permitiu rexistrar “melloras significativas” no equilibrio, na marcha e na diminución do risco de sufrir caídas das e os maiores que realizaron un programa de actividade física cun dispositivo de realidade virtual.
uvigo_potesepcampo3.jpg Dirixida polo catedrático da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e coordinador do grupo HealthyFit, José María Cancela, e polo profesor da Facultade de Fisioterapia Gustavo Rodríguez Fuentes, a tese Deseño e implementación de un programa de ejercicio físico con realidad virtual inmersiva para la mejora de capacidades funcionales en las personas mayores recolle os resultados dunha investigación baseada no uso dos chamados exergames, videoxogos que implican un movemento físico.
popreviapontup2-2.jpgO estudo centrouse en avaliar os efectos dun programa de exercicio de dez semanas, cunhas lentes head-mounted-display e un xogo cunha “temática baseada no boxeo”, que engadía ao exercicio físico “unha compoñente cognitiva”, que permitía traballar “a atención, a velocidade mental ou a toma rápida de decisións”, explica. Durante este período, as e os participantes no estudo mantiveron “as actividades habituais do centro”, mais nun dos casos, o do grupo experimental, a estas sumábanse tres sesións semanais de seis minutos con este dispositivo.
A investigación permitiu constatar como o grupo que traballou con Realidade Virtual presentaba “melloras significativas” nos indicadores relativos a equilibrio e marcha, á vez que diminuía o seu risco de sufrir caídas. Tamén se rexistrou unha mellora significativa, de 4,8 puntos, no test que avalía a chamada “forza de prensión”, nos membros superiores, un indicador que, como lembra Campo, acúa como “marcador de fraxilidade nas persoas maiores”. Fóra dos aspectos físicos, tamén se constataron melloras nos valores que avalían a súa calidade de vida, á vez que as e os participantes no estudo mostraron tamén unha “gran satisfacción” cunha experiencia que se mostrou, como “100% segura” nesta poboación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?