Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC e GAIN distinguen á xornalista Mila Méndez polo seu traballo sobre a revolución informática galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC e GAIN distinguen á xornalista Mila Méndez polo seu traballo sobre a revolución informática galega

S. P.
Publicado: 09/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mila_mendez.jpgA oitava edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas 2023 xa ten gañadores. O certame, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), ten como obxectivo galardoar unha peza xornalística científica ou tecnolóxica, de carácter informativo, en formato escrito ou audiovisual, publicada ou emitida no último ano en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal).
Os premiados desta edición foron a xornalista Mila Méndez Otero coa reportaxe La revolución silenciosa de los informáticos, publicada o 23 de outubro de 2022 no diario La Voz de Galicia e José Luís Jiménez Díaz coa reportaxe Explorar el poder curativo de la música, publicada no diario ABC o 17 de setembro de 2022.
O xurado salientou da reportaxe de Mila Méndez o feito de que “aborda en profundidade e dun xeito obxectivo a concentración de empresas do sector TIC na Coruña e a súa área de influencia, empregando unha linguaxe clara e directa, que atrapa o interese do lector desde o comezo e manteno ao longo das dúas páxinas, empregando un estilo ameno e fluído”. Dende a Academia remarcan que con esta reportaxe a xornalista “contribúe a divulgar un aspecto pouco coñecido da ciencia desenvolta nos centros de investigación e nas universidades galegas: a transferencia dos resultados ao mercado a través da creación de spin-offs”. A galardoada recibirá unha dotación de 3.000 euros.
jose_luis_jimenez.jpgEn canto ao segundo traballo mellor valorado, a reportaxe de José Luís Jiménez Díaz, valorouse que se trata dun “traballo xornalístico que dá a coñecer un proxecto de investigación realizado en Galicia, a través dun enfoque curioso -a toma de mostras á entrada e saída dun concerto-“. Aborda o proxecto Sensogenomic, desenvolto por un equipo do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), que pretende medir a resposta xenética do ser humano aos estímulos musicais co fin de estudar o potencial terapéutico da música. O galardoado recibirá unha dotación de 1.000 euros.
Cómpre dicir que os premios entregaranse nun acto que se celebrará o vindeiro 21 de xuño, ás 19 horas no Pazo de San Roque de Santiago, estando o xurado desta edición composto pola secretaria da RAGC, a académica Pilar Bermejo, que actuou como presidenta; a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama; Luís Manuel Villamor, doutor en Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago; a directora da Área de Centros de GAIN, María José Mariño; e a técnico da Área de Programas de GAIN, Silvia López.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?