Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Portos acada aforros destacados de enerxía grazas ao uso de equipamentos intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Portos acada aforros destacados de enerxía grazas ao uso de equipamentos intelixentes

S. P.
Publicado: 09/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

augas_residuais_aforro_portos_de_galicia.jpgA Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, acadou un aforro enerxético de ata o 70% nas instalacións de bombeo de augas residuais de sete dársenas pontevedresas grazas a un proxecto de monitoraxe e seguimento telemático do seu funcionamento. Así o destacou este xoves 8 a presidenta do ente público, Susana Lenguas, nunha visita a Bueu, un dos portos nos que se está a desenvolver esta acción piloto xunto cos da Guarda, Baiona, Cangas, Tragove, Vilanova de Arousa e O Xufre.
Susana Lenguas explicou que este servizo inclúe a instalación de sistemas de control telemático as 24 horas que velan polo correcto funcionamento dos bombeos e favorecen “a mellora da calidade ambiental da augas das dársenas”, dixo, engadindo que a implantación requiriu instalación previa de equipamentos de monitoraxe remota formados por router con tarxeta SIM e antena por cada estación, servizo de comunicacións por SMS e correo electrónico e visualización de datos na nube.
“Ese seguimento continuo dos bombeos”, engadiu, “permite detectar en tempo real as posibles incidencias”.
No mesmo momento en que a empresa que presta o servizo recibe o aviso de calquera incidente, comunícao a Portos de Galicia e inicia xa a reparación de urxencia no caso de que sexa necesaria minimizando así o tempo de resposta e as consecuencias da avaría. Para poder contar con este servizo executáronse distintas intervencións estruturais dos sistemas de bombeo controlados que permiten un aforro enerxético do 70% e unha estimación do aforro en intervencións de medios humanos do 80% permitindo unha mellora substancial na eficiencia de funcionamento destes equipamentos.
O novo servizo posto en marcha nestes peiraos da Zona Sur de Portos de Galicia pretende dar resposta ás necesidades xurdidas e á experiencia acumulada nos últimos anos trala realización de distintas intervencións para o correcto funcionamento do sistema de bombeos que supuxeron un gasto de máis de 100.000 euros en reparacións só nos últimos cinco anos.
Este sistema está a funcionar no porto de Tragove para as augas residuais industriais da nave de almacén e da lonxa, en Bueu e Cangas para as augas residuais industriais da lonxa, en Baiona para as augas residuais domésticas da estación marítima, na Guarda para as augas residuais domésticas da nave de redes e no Xufre, na Illa de Arousa, para as augas residuais industriais do conxunto do porto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?