Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Explorer premia 2 apps de seguridade para as mulleres e de saúde para mascotas creadas na USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Explorer premia 2 apps de seguridade para as mulleres e de saúde para mascotas creadas na USC

S. P.
Publicado: 12/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

usc_premios_explorer.jpgO programa de emprendemento universitario USC Explorer, promovido polo Santander e organizado desde a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da institución académica compostelá, premiou na súa edición de 2023 a aplicación móbil de seguridade para as mulleres CoWalkHER, ideada polas/os estudantes do campus de Compostela Elena Fernández, Inés Quintana, Nicolás Fernández e Roberto Tato, e a ferramenta dixital GoodWeight, un aplicativo materialiado na sede universitaria luguesa polos alumnos de Veterinaria Héctor Campos Martínez e David Pérez Delgado, que permite aos titores de mascotas controlar e, no seu caso, combater a obesidade dos animais, ademais de poder dispoñer do historial médico das mascotas no móbil.
Máis polo miúdo, CoWalkHER é unha app de seguridade que acompaña ás mulleres durante os seus traxectos, ao tempo que lles facilita atención diante de posibles emerxencias, “unha prestación que as fai sentir máis seguras mentres camiñan”, sinalou o equipo desenvolvedor, engadindo que esta aplicación conta cun rexistro seguro para evitar usos negativos da mesma e, ademais, subministra ás usuarias unha rede de apoio e a posibilidade de entrar en contacto con mulleres que se atopan nunha situación semellante, ao tempo que inclúe un mapa de áreas perigosas previamente sinaladas.
Pola súa banda, a aplicación GoodWeight, desenvolvida na sede universitaria luguesa e premiada no Explorer 2023, ofrece a posibilidade de reducir a obesidade e todas as enfermidades asociadas mediante a monitoraxe do peso do animal a través dun dispositivo que alerta ao dono ou titor en todo momento de variacións significantes. Este aplicativo, relatan os seus promotores, recopila toda a información clínica e permite ter actualizado e accesible no móbil o historial médico médico da mascota, así como a información relativa ás probas probas e tratamentos que xa lle foron aplicados.
O xurado encargado de fallar os proxectos finalistas do programa Explorer 2023 presentados nas sedes de Santiago e de Lugo estivo formado polo delegado do reitor da USC para Transferencia do Coñecemento, Luis A. Otero González; o director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC, José Luis Villaverde Acuña; a subdirectora Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Belén Liste Lázara, e Óscar Castro Campos, do Banco Santander. Logo de valorar as 12 candidaturas presentadas a este certame de emprendemento universitario, o tribunal acordou tamén distinguir as propostas rexistradas no USC Explorer Space Santiago Nóstoria, de Ana Paulina Chas e Iago Duarte, e Fructify Consultancy & co, de Josefina Anllo Naveiras.
Nóstoria, que acadou o 2º galardón, responde a unha idea de empresa de xestión cultural: deseño, creación e asesoramento de servizos culturais relacionados coas festas de recreación histórica, mentres que Fructify Consultancy & co, a candidatura clasificada en terceiro lugar, antóllase como xerme dunha empresa consultora especializada en innovación e sustentabilidade en agricultura.
O xurado tamén puxo en valor outras dúas propostas empresariais innovadoras presentadas a esta edición do programa Explorer desde o Campus Terra, tal e como é o caso da clínica veterinaria Golmar, unha candidatura impulsada por Alba Crespo Golmar e Alba Rodríguez García, e Erro, tal e como se coñece o centro de aprendizaxe artística e de dinamización cultural no rural, madurado por Antía Carreira Vázquez. Ambos proxectos acadaron cadanseu segundo premio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?