Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O equipo MontecasteloBot (Vigo) representará a España na final mundial da First LEGO League
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O equipo MontecasteloBot (Vigo) representará a España na final mundial da First LEGO League

S. P.
Publicado: 12/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

presentacion_montecastelobot_el_corte_ingles.jpgA sección LEGO de El Corte Inglés de Vigo foi este luns 12 de xuño o escenario para a presentación do equipo MontecasteloBOT que representará a España na final mundial da First LEGO League, que nunhas semanas disputarase en Australia.
MontecasteloBOT, formado por alumnos de 1.º e 2.º de ESO do colexio Montecastelo da cidade olívica gañou o pasado mes de marzo o primeiro premio ao Mellor Proxecto de Innovación na final nacional de First LEGO League celebrada na Universidade de Cartaxena, superando previamente a fase zonal de Burgos.
O acto deste luns 12, presentado pola directora rexional de Comunicación, Relacións Institucionais, Marketing e Sustentabilidade de El Corte Inglés, Fuencisla Cid, contou coas intervencións do director do colexio Montecastelo, José Manuel Rodríguez Lago, así como do mentor do proxecto, o profesor Bernardo Longa, e os membros de MontecasteloBOT que explicaron o deseño aos medios de comunicación alí presentes.
“Felicitarvos por este proxecto co que ides representar a España e desexarvos toda a maior das sortes. Estou segura que ides conseguir moito máis”, comentaba Fuencisla Cid.
“Moitísimas grazas a El Corte Inglés por recibirnos na súa casa. Estou moi orgulloso tanto dos alumnos como do profesor porque é un traballo moi ben feito e con moitas horas de dedicación”, dicía Rodríguez Lago. Segundo fixo saber, presentáronse na convocatoria decenas de milleiros de equipos de todo o mundo e só 50 chegaron á final. “Montecastelo é un deses 50”, engadiu.
A Fundación Integra outorgou na cidade de Cartaxena o premio ao equipo polo seu proxecto innovador, Energy Step, que consiste en baldosas intelixentes adaptables a calquera tipo de chan para producir electricidade coa pisada.
presentacion_montecastelobot_el_corte_ingles_bernardo_longa_medios_.jpg A First LEGO League é unha competición internacional que fomenta a aprendizaxe en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas (STEM) en mozas de entre 9 e 16 anos. A competición divídese en tres categorías: o Desafío do Robot, o Proxecto de Innovación e os Valores do Equipo.
Como dixemos, nesta edición o equipo MontecasteloBOT destacou polo seu proxecto innovador Energy Step, que consiste en baldosas intelixentes que xeran electricidade coa pisada das persoas. O proxecto ten como obxectivo aproveitar a enerxía mecánica das persoas para xerar electricidade e contribuír así á sustentabilidade do planeta. O sistema Energy Step utiliza un dispositivo piezoeléctrico para transformar a presión da pisada en electricidade. Estas baldosas intelixentes pódense adaptar a calquera tipo de chan, desde pavimentos de rúas e parques ata aeroportos e estacións de tren. O equipo creou un prototipo funcional e demostrou que o sistema é capaz de xerar electricidade de abondo para alimentar dispositivos electrónicos.
Na iniciativa de MontecasteloBOT destaca a importancia da innovación na sustentabilidade ambiental, e como pequenas solucións poden ter un gran impacto. A produción de electricidade a través da pisada das persoas pode ter beneficios significativos para o medio ambiente e a eficiencia enerxética, especialmente en áreas con alto tráfico peonil.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?