Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Ciclo Aida Fernández Ríos remata este xoves cun novo webinario científico-tecnolóxico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Ciclo Aida Fernández Ríos remata este xoves cun novo webinario científico-tecnolóxico

S. P.
Publicado: 13/06/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aida-fernandez-15-xun_o.jpgA cuarta edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, que promoven a Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), remata este xoves 15 de xuño co seminario web A evolución das nosas células e por que se producen os tumores, seminario en liña que terá lugar ás 19 horas e que será impartido por David Posada González, catedrático de Xenética do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo.
Posada afondará no corpo humano, resultado de múltiples rondas de replicación a partir dunha única célula inicial. Explicará que durante o desenvolvemento as persoas humanas acumulan millóns de mutacións a medida que as células se dividen e diferencian. Tamén que durante este proceso, algunhas das mutacións alteran a función de xenes fundamentais que controlan a proliferación, a diferenciación e a morte celular, o que orixina unha multiplicación anómala tumoral que ocasiona o cancro. O catedrático informará sobre a evolución dos tumores dentro do corpo, semellante ás poboacións de organismos naturais para competir polos recursos e adaptarse ao medio que lles rodea, e detallará de que xeito o estudo evolutivo do cancro ten axudado a entender mellor e a combater esta doenza.
Co Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, a institución provincial e a RAGC convidan á cidadanía a achegarse ás ciencias e ás aplicacións do coñecemento científico á sociedade como axudante do desenvolvemento socioeconómico. O programa abrangue un total de 13 conferencias, por unha banda oito webinarios encamiñados á cidadanía en xeral que se pechan este xoves e, pola outra, cinco conferencias presenciais en centros educativos, das que xa se celebraron dúas, nos IES Illa de Ons (Bueu) e María Soliño (Cangas), tratando temas como a seguridade alimentaria, as enerxías renovables, as comunicacións cuánticas, as aplicacións da Intelixencia Artificial, a análise da información a gran escala (Big Data) e a xenómica.
Engadir que as inscricións para asistir a estas charlas están abertas na web da Deputación de Pontevedra.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?