Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A experiencia virtual Espazo Coruña da Deputación, exemplo de boas prácticas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A experiencia virtual Espazo Coruña da Deputación, exemplo de boas prácticas

S. P.
Publicado: 13/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

europe_direct_deputacion_coruna_espazo_virtual.jpgA experiencia virtual Espazo Coruña da Deputación (Europe Direct A Coruña) vai ser recoñecida como exemplo de boas prácticas na reunión anual de centros Europe Direct que se celebra en Madrid os días 14 e 15 de xuño e na cal será presentada a dita experiencia virtual. O encontro está organizado pola Representación da Comisión Europea en España e nel participan representantes dos 36 centros Europe Direct da rede española.
Espazo Europa é unha experiencia interactiva 3D na que os usuarios poden explorar os símbolos e valores da Unión Europea, así como a importancia da cultura e a ciencia. Ofrece unha experiencia de xogo, inmersiva, innovadora e autónoma para o público, que pode visitar un moderno edificio hiperrealista, inspirado na arquitectura da Europa do futuro, e pasear virtualmente polas catro salas do espazo. Cada unha delas está adicada a unha temática: os símbolos, os valores, a cultura e a ciencia na Unión Europea. Pódese acceder dende a web da institución provincial, que engade que a contorna virtual está deseñada “cunha mistura de tecnoloxías innovadoras 3D e 4D”, dando como resultado un escenario creado dixitalmente para recrear un edificio en tres dimensións e inspirado na Nova Bauhaus Europea, as directrices da Unión Europea para que os espazos de vida e sociais se baseen nos valores de sustentabilidade, estética e inclusión.
Neste espazo 3D atopamos a unha persoa real, unha guía gravada en catro dimensións (4D), que dá a benvida ao visitante e presenta cada unha das salas expositivas. Esta personaxe foi gravada nun escenario virtual que permite a interacción das persoas con contornas que foron creadas de maneira dixital e en 3D. “Esta tecnoloxía fai posible recrear a sensación de que a presentadora se atopa fisicamente en Espazo Europa e que pode moverse dentro del e interactuar cos seus elementos”, explican fontes da Deputación, engadindo que Espazo Europa é libremente transitable para os visitantes, “que terán autonomía para desprazarse, explorar, facer zoom ou rotar a posición”. A maiores, é accesible desde todo tipo de dispositivos dixitais.
Os centros Europe Direct son puntos de contacto local que achegan ao público as políticas e valores da Unión Europea. A rede ofrece información sobre asuntos europeos, pero tamén fomenta a participación cidadá contribuíndo así á creación dunha esfera pública europea.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?