Un grupo formado por oito estudantes do grao en Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña veñen de proclamarse finalistas no programa de captación de talento Audible LAB, promovido por Audible, a plataforma sonora de Amazon. Acadaron o dito recoñecemento grazas ao proxecto de podcast 112. Primera línea de supervivencia.
O grupo está integrado por Raúl Rodríguez Cobas, Alicia Fraga Abeal, Adrián González Nogueira, Daniel Lamas Pérez, Jennifer López Martínez, Santiago Pérez Rodríguez, Andrés Quintián Regueiro, Hugo Vázquez Blanco, estudantes do Grao en Comunicación Audiovisual. Representaran á Universidade da Coruña nesta primeira edición do programa, no que participan outras sete universidades españolas nas que se imparten comunicación, xornalismo e mercadotecnia.
O podcast 112. Primera línea de supervivencia foi seleccionado entre diversos proxectos de gran calidade, co apoio dun equipo de profesionais e especialistas do eido da comunicación sonora e a creación de proxectos culturais.
Audible, a plataforma sonora de Amazon, puxo en marcha Audible LAB como unha iniciativa de captación de talento que pretende impulsar e achegar as novas tecnoloxías e tendencias do mundo da creación entre o universitarios de España.
Todos os proxectos finalistas pasarán a formar parte do título AudibleLAB, que se promoverá desde a aplicación móbil e as redes sociais de Audible.es e manterase como contido exclusivo da plataforma durante 12 meses a partires da súa estrea, programada para o mes de setembro de 2023.
Destes sete finalistas, un comité profesional seleccionará o proxecto gañador, que se coñecerá na semana do 19 de xullo e obterá una bolsa de produción para financiar a serie completa, que ademais chegará a formar parte do catálogo de produtos de Audible Originals.
Estudantes da UDC chegan á final do programa de talento Audible Lab lanzado por Amazon
Compartir Este Artigo

