Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A serie galega Rapa volve a MovistarPlus+
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A serie galega Rapa volve a MovistarPlus+

S. P.
Publicado: 15/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

rapa_ferrol_presentacion.jpgO Teatro Jofre de Ferrol acolleu na tarde de onte a estrea da segunda temporada de Rapa, serie de Portocabo para MovistarPlus+ que regresa á emisión na plataforma de vídeo en streaming trala rodaxe en outono na cidade departamental co apoio da Xunta.
Os seis capítulos que conforman a nova entrega desta ficción, ideada polos galegos Pepe Coira e Fran Araújo con produción a cargo da produtora coruñesa Portocabo, contaron para a súa gravación cunha contribución económica da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades de 300.000 euros procedentes do fondo de atracción de rodaxes do Hub Audiovisual galego.
No pase participaron o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, os actores Javier Cámara e Mónica López, e os directores-guionistas Pepe e Jorge Coira e Fran Araújo. Tamén acudiu boa parte do equipo actoral galego, formado por (entre outras/os) Evaristo Calvo, Melania Cruz, Iolanda Muíños, Carlos Blanco, Darío Loureiro, Chisco Amado, Adrián Ríos, Lara Boedo ou Federico Pérez.
Na súa intervención, Jacobo Sutil explicou que a nova entrega desta serie é “un reflexo máis do gran momento que vive nos últimos anos o audiovisual galego”. Felicitou tamén a todo o equipo da produción polo resultado artístico e de difusión acadado xa na primeira temporada de Rapa, e por “ser quen de poñer en valor unha vez máis a profesionalidade dos nosos actores e actrices e da nosa escrita audiovisual”.
Con anterioridade á première, a delegada territorial da Xunta Martina Aneiros participou xunto ao elenco da serie na inauguración oficial da Menina de Rapa que, con obxecto da promoción desta produción audiovisual, pintouse na rúa Gabriel Vázquez Seijas. O autor do mural e alma máter do festival urbano Meninas de Canido, Eduardo Hermida, foi o encargado de explicar aos asistentes a composición da peza protagonizada pola menina Agustina Sarmiento, que sostén na súa man unha das fragatas que se constrúen en Ferrol, coas grúas dos estaleiros de fondo.
A segunda temporada de Rapa desenvólvese no Arsenal Militar de Ferrol. Este ambiente ríxido, tan marcado polas normas estritas de funcionamento, volverá poñer en contacto os dous protagonistas da primeira temporada: Tomás, encarnado polo actor Javier Cámara, e Maite, a quen lle dá a vida Mónica López. Os dous afanaranse por resolver cadanseu caso pendente: a desaparición dun oficial e un asasinato sen resolver que se arrastra dende 20 anos atrás.
Rapa converteuse coa súa primeira entrega na mellor estrea de ficción da pasada tempada en Movistar Plus+. O proxecto conta co apoio do Hub Audiovisual da Xunta financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Eixo REACT-UE.
Alén disto, lembrar que Portocabo achegará un novo proxecto a Movistar Plus+ co-producido pola empresa galega. Trátase da miniserie Garbo, creada polo mesmo equipo creativo de Rapa e Hierro: Pepe Coira, Fran Araújo e Jorge Coira. Contará a historia real de Juan Pujol, un axente dobre español que foi clave para que os aliados gañasen a II Guerra Mundial.
Este thriller policíaco creado por Pepe Coira e Fran Araújo, cuxo rodaxe finalizou en decembro, conta nesta segunda tempada con Rafa Montesinos e Marta Pahissa na dirección.
A segunda tempada de seis episodios chegou á plataforma hoxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?