Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A IA e o Big Data marcarán o rumbo da saúde pública galega en materia preditiva
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A IA e o Big Data marcarán o rumbo da saúde pública galega en materia preditiva

S. P.
Publicado: 15/06/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

saude_publica_galega_dixitalizacion.jpgA directora xeral de Saúde Publica, Carmen Durán Parrondo, compareceu na tarde deste xoves 15 de xuño no Parlamento de Galicia, na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego. Na súa intervención, salientou o papel protagonista que están a ter a Intelixencia Artificial e o Big Data (a análise da información a gran escala) na estratexia de dixitalización da Saúde Publica en Galicia. Durán Parrondo explicou algunhas das liñas de traballo nas que xa está a avanzar o departamento que dirixe, e nas que “o emprego das novas tecnoloxías terán un papel moi relevante”, dixo, xa que marcarán o rumbo da estratexia preditiva da saúde pública.
Apuntou que no eido da Intelixencia Artificial estanse a incorporar técnicas de aprendizaxe máquina (maching learning) e aprendizaxe profunda (deep learning) co ánimo de optimizar os diagnósticos dos cribados de cancro de mamá e colon. Tamén avanzou que xa se iniciaron dous proxectos vencellados aos cribados dos cancro de pulmón e de próstata, nos que, “por medio do emprego de algoritmos procurarase estratificar o risco que posúen os pacientes, para poder priorizar a realización de cribados mediante a información que se desprende destes datos”.
O obxectivo da Dirección Xeral neste proceso de dixitalización, dixo, “non é simplemente dispor dun rexistro ou dun sistema de información, senón ir un paso máis alá”, destacando que a Xunta “pretende avanzar nun modelo que ademais de contar o que xa ocorreu tamén advirta que é o que vai acontecer”.
Durán tamén adiantou que a Consellería de Sanidade empregará o Big Data nunha nova liña de traballo que pretende “establecer patróns que axuden tanto á vixilancia epidemiolóxica, como á identificación de factores que predispoñan a padecer unha enfermidade”.
Plataforma Sanidade Mediaverso
Amais, remarcou que a finais deste ano estará rematada a Plataforma Sanidade Mediaverso, un proxecto de contidos dixitais multitecnolóxicos que, inserido nos programas Obesidade Zero e Inspira Saúde, agrupará contidos relacionados cos estilos de vida saudable. A plataforma, explicou, incorporará planificacións para levar a cabo unha alimentación equilibrada ou xogos de RealidadeAaumentada que promoveran o exercicio físico entre nenos e maiores. Entre estes últimos, destaca un aplicativo que permitirá trasladar os pasos diarios de cada usuario ás etapas do Camiño de Santiago (achegando información sobre os destinos que vaia acadando); e tamén unha aplicación a través de lentes de Realidade Virtual nas que as persoas maiores aprenderán a desenvolver un programa de actividade física multicompoñente, para a prevención da fraxilidade. Así mesmo, engadiu, Sanidade Metaverso completarase con contidos vencellados a hixiene do sono, o benestar emocional ou prevención de condutas aditivas entre a poboación moza.
Por outra banda, enxalzou o carácter senlleiro da Plataforma de Vixilancia Epidemiolóxica VIXIA (que agrupa a información relevante en canto a vixilancia dos servizos de microbioloxía clínica, medicina preventiva, centros socio-sanitarios e xefaturas territoriais); os sistemas de inspección de Saúde Pública, no que Galicia segue sendo pioneira, como o SEMAGA (sobre o control oficial en matadoiros), ou o HERME-MÓBIL (a ferramenta de inspección do sector alimentario e da sanidade ambiental).
Por último, destacou o desenvolvemento do Observatorio de Saúde Pública de Galicia, no que se realiza un investimento de máis de 700.000 euros, e “que avala a aposta decidida da Xunta de Galicia pola dixitalización, a comunicación coa cidadanía e a transparencia e que estará dispoñible a finais deste mesmo ano”. O Observatorio, apuntou, “é un instrumento que mediante información en Open Data, permite xerar, analizar, reunir, organizar e comunicar información relevante e de calidade no ámbito da saúde pública galega, co obxectivo de proporcionar información baseada na evidencia científica, e poñela ao dispor dos profesionais da saúde, investigadores, así como da sociedade en xeral”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?