Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cátedra Telefónica da UVigo celebra unha década de logros formativos e investigadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cátedra Telefónica da UVigo celebra unha década de logros formativos e investigadores

S. P.
Publicado: 16/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_catedra_telefonica1.jpgA Cátedra Telefónica da Universidade de Vigo vén de cumprir dez anos de andaina e este xoves 15 compartiu algúns dos seus principais fitos, da man do reitor, Manuel Reigosa, e da directora de Telefónica de España en Galicia, Paula Beirán. Entre os grandes logros da Cátedra figura, ao seu xuízo, o acadado no pasado mes de maio cando, por segundo ano consecutivo, dous dos estudantes da UVigo, Pablo García e Martín Blanco, gañaron o LEDU STEM Cátedras Telefónica, un torneo para estudantes STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) promovido por Telefónica e a Liga Española de Debate Universitario (LEDU). Reigosa e Beirán tamén aproveitaron para renovar a colaboración que fai posible a Cátedra.
O acto de sinatura, celebrado no despacho do reitor e no que se contou coa participación do catedrático José Cidrás, coordinador desta cátedra na UVigo, serviu tamén como recepción aos gañadores do torneo LEDU STEM, Pablo García e Martín Blanco, que agradeceron o convite e os agasallos que lle foron entregados tanto por parte de Telefónica como da UVigo. Tras felicitar a estes alumnos polos “excelentes resultados” acadados nunha competición na que participaron 19 universidades de todo o territorio nacional, Paula R. Beirán expresou a satisfacción de Telefónica pola colaboración coa UVigo a través desta cátedra e a vontade da compañía de continuar a liña de traballo desenvolta ao longo de todos estes anos.
catedra_uvigo_telefonica2.jpgO reitor admitiu estar “moi satisfeito” cos resultados que se están a acadar e, neste sentido, amosouse convencido de que “a Universidade ten que medrar a través da colaboración público-privada”, ao que engadiu que “ao longo destes dez anos foron xurdindo diferentes iniciativas exitosas que fan que a nosa Universidade sexa mellor”.
Polo que respeta ao torneo LEDU STEM Cátedras Telefónica, lembraron que ten como obxectivo fomentar as habilidades transversais (soft skills) nos futuros líderes dixitais, e a Cátedra da Universidade de Vigo non só o gañou en dúas ocasións, senón que na súa primeira edición quedou tamén finalista, “un éxito sen precedentes entre a rede española de Cátedras Telefónica”, explicaron, recordando que desta volta os responsables deste éxito foron os estudantes de enxeñaría Martín Blanco Prego e Pablo García Salgado, membros da asociación Retórica UVigo, que acudiron á competición como integrantes do equipo da Cátedra Telefónica Espacio de Innovación, que se impuxo ao da Cátedra Telefónica Intelixencia na Rede, da Universidade de Sevilla, nunha final celebrada en Madrid o pasado 12 de maio e na que debateron sobre se a dixitalización é ou non unha aliada da transición verde.
Múltiples actividades en 10 anos de Cátedra Telefónica na UVigo
Telefónica constituíu na Universidade de Vigo a súa cátedra homónima hai xa dez anos, co obxectivo de promover a aplicación das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) no ámbito do ensino universitario, a investigación e a innovación. Ao longo destes anos desenvolveu obradoiros e conferencias de interese para os alumnos (talleres de Arduino, xornada smart energy-smart city, seminarios sobre a plataforma MiríadaX e os MOOCs, etc) e participou, entre outros, no Foro Tecnolóxico de Emprego, o congreso Smart Cities and Communities ou no encontro Hack for Good.
A día de hoxe Telefónica ten cátedras en 25 universidades españolas. Cada unha delas mantén a súa especialización, pero o obxectivo común é que a rede se constitúa como unha sorte de Think Tank de referencia no estudo do impacto das TIC na sociedade, sendo un dos seus obxectivos prioritarios a divulgación e comunicación dos resultados máis relevantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?