Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica reivindica en Mindtech a importancia do puxante sector TIC galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica reivindica en Mindtech a importancia do puxante sector TIC galego

S. P.
Publicado: 21/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Carlos Ruisánchez, de Wayra, na súa intervención este mércores 21 de xuño
Carlos Ruisánchez, de Wayra, na súa intervención este mércores 21 de xuño
Telefónica é unha das representantes dos sector das telecomunicacións que está a participar no evento Mindtech, congreso da industria do metal que se celebra en Vigo. Este mércores 21 de xuño a operadora foi unha das protagonistas do Foro Tecnolóxicas, a través de María Jesús Vázquez, responsable de Planificación e Dixitalización de Operacións, Rede e TI de Telefónica. Vázquez, na súa intervención, dixo que “a elección de Galicia como sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial é consecuencia do empuxe e relevancia do sector TIC galego, e da importante presenza de compañías tractoras como Telefónica, Stellantis ou Inditex”.
María Jesús Vázquez, enxeñeira superior de Telecomunicación pola UVigo e membro da iniciativa #GirlsLoveTech, falou neste foro da evolución das tecnoloxías móbiles en España, desde o GSM da década dos 90 do século pasado ata a actual 5G. Respecto á 5G, destacou as súas principais calidades, como a baixa latencia ou o network slicing, a capacidade para partir a rede en varias capas especializadas e independentes que, no caso, por exemplo, dunha rede corporativa, poden estar en exclusiva destinadas a empregados, seguridade, visitantes ou Internet das Cousas. Neste sentido, referiuse ao exponencial crecemento da tecnoloxía dos obxectos conectados (a conexión virtual con e entre máquinas) e, por tanto, á cada vez maior necesidade de securización da rede.
A relatora falou tamén da importancia de Galicia como territorio onde se puxeron en marcha múltiples proxectos pilotos de 5G, “con aplicacións tan interesantes como a supervisión das liñas ferroviarias mediante drons, o uso de 5G e Realidade Aumentada na industria naval ou a asistencia na estrada nos túneles que conectan Galicia coa meseta”.
Tralas intervencións dos relatores desenvolveuse un diálogo no que se abordou en primeiro lugar a transformación dixital en España. María Jesús Vázquez fixo referencia aos datos recolleitos no Informe da Sociedade Dixital en España, publicado por Fundación Telefónica, para afirmar que “somos dos países máis dixitalizados de Europa, tanto na empresa como no fogar e as administracións públicas. En termos de conectividade 5G, por exemplo, a Unión Europea terminou 2022 cunha cobertura do 65%, mentres Telefónica, en España, pechou o ano 2022 cunha cobertura superior ao 83% da poboación. Estes bos datos teñen moito que ver o enorme esforzo que fixo Telefónica para despregar redes robustas de fibra ata o fogar e ultras banda larga móbil, con capacidade para dar soporte á enorme demanda de servizos baseados nas redes”.
En relación ao sector TIC en Galicia, recoñeceu tamén que “temos o problema da captación e retención de talento, pero polo demais existe unha fluída comunicación universidade-empresa, temos organizacións sectoriais moi dinámicas e unha administración que apoia ao sector TIC e implementa ferramentas innovadoras para facilitar e axilizar a interacción cos cidadáns. Así que estamos nunha boa posición”.
Telefónica tamén estivo presente no Mindtech Startup Event, celebrado este mércores pola mañá e onde a compañía estivo representada por Carlos Ruisánchez, de Wayra, quen explicou aos presentes o traballo desempeñado deste hub de innovación aberta de Telefónica. Operativa desde 2011, o obxectivo de Wayra é conectar ecosistemas locais e globais para detectar novas oportunidades de negocio e crecemento. Con 8 Wayra Hubs e 30 Open Future Hubs funcionando en Europa e América Latina, traballa actualmente con 180 novas firmas innovadoras e desde os seus inicios fíxoo con máis de 1.000. “É, na actualidade o hub de innovación tecnolóxica máis global e máis conectado de cuantos existen neste momento”, sinalou.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?