Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de San Sadurniño ofrece dous obradoiros para que a rapazada experimente coa tecnoloxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de San Sadurniño ofrece dous obradoiros para que a rapazada experimente coa tecnoloxía

S. P.
Publicado: 22/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

robotica_maker_tecnoloxias_sin-titulo-2_original-ratio_1920x1081_h_90-702x336.jpgA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organiza en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) dous obradoiros prácticos arredor da tecnoloxía no marco da iniciativa Girl STEAM. Trátase de impulsar actividades desde idades temperás dirixidas a rapazas e rapaces para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM (acrónimo inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas). Estes obradoiros desenvolveranse na Aula CeMIT de San Sadurniño grupos os días 4 e 5 de xullo. Para inscribirse ou solicitar máis información pódese contactar coa aula en cemit.sansadurnino@xunta.gal ou no teléfono 616 016 393. A proposta é gratuíta e só oferta 10 prazas para cada xornada.
A primeira das sesións, a que se desenvolverá o 4 de xullo de 10 a 13:00h, está pensada para nenas e nenos de 8 a 11 anos. Iniciarán a xornada cunha pequena introdución á técnica de animación stop-motion e, deseguido, poranse ao labor por equipos para produciren a súa propia peza, coa particularidade de que empregarán un circuíto de luces led deseñado por elas e eles mesmos.
O circuíto será a base para o guión e para a construción dunha historia visual contada fotograma a fotograma, igual que os debuxos animados, que cumprirá montar na parte final do obradoiro para ver o resultado e presentar o traballo.
O segundo obradoiro tamén terá lugar na Aula CeMIT (no primeiro andar da Casa da Cultura) o 5 de xullo entre as 10:00 e as 13:00h. Neste caso vai dirixido a mozas e mozos de 12 a 15 anos coa misión de traballaren en grupos programando sensores Arduino. “Os dispositivos han de configurarse para que sexan capaces de reaccionar a cambios de distancia, luz e inclinación dunha prenda téxtil”, explícase dende o Concello.
Ambas actividades encádranse no programa Girl STEAM da AMTEGA, que ten como obxectivo “motivar as vocacións tecnolóxicas entre a cativería, tendo como guías a profesionais de recoñecido prestixio en cada eido e, neste caso, enxeñeiras e enxeñeiros que forman parte do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia”.
Para participar nos obradoiros é necesario inscribirse na Aula CeMIT de San Sadurniño, a través do móbil/whatsapp 616 016 793 ou enviando un correo a cemit.sansadurnino@xunta.gal. En cada un deles ofértanse un máximo de 10 prazas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?