Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: No Portal da Lingua todo o relativo a FalaRedes 2023, que colle pulo con Os Bolechas Deportistas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

No Portal da Lingua todo o relativo a FalaRedes 2023, que colle pulo con Os Bolechas Deportistas

S. P.
Publicado: 22/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

bolechas_deportistas23_rolda1.jpgO secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na mañá deste xoves 22 de xuño na rolda de prensa de presentación do espectáculo Os Bolechas deportistas viaxan no tempo, que vai desenvolver a editorial Bolanda no marco da programación de verán do FalaRedes 2023, o programa de dinamización lingüística do dito departamento.
A xira arranca este venres en Ribeira e proseguirá por 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística co “obxectivo de fomentar o uso da lingua galega no deporte e os hábitos de vida saudables entre a rapazada”. Valentín García, que estivo arroupado na presentación pola familia Bolechas ao completo, salientou a relevancia de dinamizar o galego nun “ámbito coma o do deporte, asociado a valores positivos e que ocupa moitas horas de actividade dos nosos rapaces e rapazas”.
Trátase da segunda edición da serie Os Bolechas deportistas, coa que os personaxes creados polo ilustrador Pepe Carreiro dan a coñecer diferentes disciplinas de hábitos saudables de lecer e promoven o uso da lingua galega durante a súa práctica. A través dun teatro de monicreques e outras actividades complementarias ao pé da rúa, os Bolechas viaxarán por toda a xeografía galega coas súas aventuras, que os levarán a construír unha máquina coa que practicar os deportes do pasado, presente e futuro.
A xira comezará este venres 23 ás 12.00 horas na avenida do Malecón, en Ribeira, e pasará durante os próximos meses por: Chantada (praza de España) o 24 de xuño, Barreiros (praza do Concello) o 7 de xullo, Campo Lameiro (praza do Concello) o 8 de xullo, Vilanova de Arousa (praza dos Olmos) o 9 de xullo, Castro Caldelas (praza do Prado) o 15 de xullo, Boqueixón (Carballeira de Rodiño) o 16 de xullo, O Pereiro do Aguiar (CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey) o 21 de xullo, Quiroga (praza da rúa Lago) o 21 de xullo, Frades (Campo da festa de Galegos) o 25 de xullo, Mondariz (praza de España) o 29 de xullo, Ares (Parque Rosalía de Castro) o 30 de xullo, Baiona (praza do Concello) o 1 de agosto, Bande (praza da Constitución) o 4 de agosto e A Pobra de Trives (praza do Reloxo) o 5 de agosto.
As datas e as horas exactas poden consultarse como de costume no Portal da Lingua Galega, a web que aglutina e centraliza a actividade autonómica de promoción lingüística.
bolechasdeportistas23_patio_pazo.jpg 55 pases para os próximos meses
Esta actividade enmárcase na programación de verán do FalaRedes 2023, que ten previstos para os próximos meses 55 pases de actividades tales como espectáculos, monicreques e mesmo unha exposición para distribuír entre distintos concellos e agrupacións membros da Rede de Dinamización Lingüística.
Os obxectivos deste programa, que xa vai pola súa duodécima edición, “son ampliar a oferta de ocio no noso idioma, reforzar a oferta de actividades en galego dos concellos adscritos, promover o uso e valoración positiva da lingua propia de Galicia e apoiar os e as artistas que desenvolven o seu traballo nela”, segundo explicou o secretario xeral Valentín García.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?