Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Naturgy instala na súa rede sistemas de vixilancia capaces de previr incendios forestais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Naturgy instala na súa rede sistemas de vixilancia capaces de previr incendios forestais

S. P.
Publicado: 23/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

naturgy_firedetection1.jpgUFD, a distribuidora eléctrica do grupo de orixe galega Naturgy, comezou a despregar en España a súa solución Fire Detection para anticipar a detección de incendios e preservar do lume grandes masas forestais. Farao mediante un sistema que aplica a Intelixencia artificial a través da análise de imaxes e datos tomados por cámaras instaladas en torres e tendidos eléctricos.
UFD habilitará nunha primeira fase 20 dispositivos que cubrirán unha área de aproximadamente 430 km² na Reserva da Biosfera Transfronteriza Gerês-Xurés, na provincia de Ourense (Galicia), un espazo natural de alto valor ecolóxico. O grupo estenderá nunha segunda fase a instalación destes dispositivos a outras áreas xeográficas.
A operadora eléctrica explica, máis en detalle, que Fire Detection é “un sistema baseado na plataforma Onesait Phygital Edge de Minsait con capacidade para detectar de xeito anticipado e con total fiabilidade posibles incendios en grandes extensións de vexetación, mesmo en zonas de difícil acceso, grazas a unha vixilancia 360.º.
A través de algoritmos de Intelixencia Artificial, esta ferramenta analiza e extrae en tempo real información das imaxes obtidas nas cámaras situadas nas torres de alto e media tensión e identifica indicios de lume e fume nun alcance de dous quilómetros. Unha vez que detecta estes sinais, o sistema transmite alertas a un centro de control para activar os protocolos de avisos aos servizos de emerxencia e extinción. Ademais, o sistema incorpora sensores IoT (Internet of Things) que axudan a reducir o que UFD cualifica de “falsos positivos”, e tamén contribúen a optimizar os recursos enerxéticos almacenados. Estes sensores miden a temperatura, humidade e presión atmosférica para evitar tomar imaxes en condicións meteorolóxicas incompatibles co risco de incendios e potenciar a súa captura cando existe unha alta probabilidade de que se produza o lume.
Fire Detection tamén permite albergar algoritmos para facer monitoraxe do estado das propias torres eléctricas, avaliar o comportamento das infraestruturas en condicións meteorolóxicas extremas ou detectar incursións en zonas restrinxidas por seguridade.
O sistema foi premiado nos enerTIC Awards 2021 polo seu carácter innovador na procura de solucións para a protección do medio ambiente a través da dixitalización e a eficiencia enerxética.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?